Ponche de ácedo lisérxico, de Tom Wolfe

diciembre 27, 2007 at 3:00 pm Deja un comentario

Ken Kesey, o autor de “Alguén volou sobre o nido do cuco”, aproveita os beneficios económicos obtidos pola publicación da novela para organizar unha  viaxe polos EEUU, xunto a un grupo de xoves radicais autodenominados “os alegres bromistas”.

Xuntos recorren a xeografía americana a bordo dun autobús psicodélico conducido por Neal Cassady (O Moriarty de “O camiño” de Kerouac), deixando tras de si un rastro de tolemia, de amor, de felicidade, de espiritualidade… converténdose deste xeito nuns axitadores  necesarios, dentro dunha sociedade americana coa conciencia dormida.

 

Wolfe combina os diálogos, o multiperspectivismo e os monologos interiores, con técnicas do xornalismo para elaborar a mellor crónica da viaxe de Kesey, unha narración vibrante que nos ofrece de primeira man uns feitos sorprendentes, sumidos nun ambiente tremendamente atractivo,  que consegue tranladar ao lector aos anos 60, a unha época na que algúns tiveron soños de cambiar o seu monótono mundo.

 

“Ponche de ácedo lisérxico” busca transladarnos o  pensamento de Kesey; este profeta da revolución que alertou acerca da ameaza que supón para a libertade persoal o poder coaccionador do Estado.

As drogas, o redescubremento da sexualidade, os viaxes espirituais a través do LSD, o reencontro coa natureza, a fuga da vida gris das cidades, a aniquilización das convencións sociais… todos esto foron ferramentas que usaron os hippies para redescubrir a identidade humana, e achar a felicidade.

  

                                                                                                     Javier Rey Veloso

Anuncios

Entry filed under: General.

EL HOMBRE SECRETO de Bob Woodward Aquí Bagdad. Crónica de una guerra.Olga Rodríguez

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


diciembre 2007
L M X J V S D
« Nov   Ene »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: