El mundo, de Juan José Millás

diciembre 26, 2007 at 9:55 pm Deja un comentario

 

 

El mundo, Juan José Millás

A liña que separa o xornalismo da literatura é moi fina. Iso sabémolo todos. Os profesores de ciencias da comunicación da USC deixárono ben claro. Por iso, limitar El mundo, a última obra de Juan José Millás, a calquera dos dous xéneros non é nada preciso. O propio autor definiuna como unha “autobiografía novelada”, denotando o dobre corazón do libro: informativo e literario.

En El mundo, Juan José Millás mostra a súa cara máis persoal, dando unha visión retrospectiva da súa preadolescencia, intercalada con certas elipses temporais que nos levan ás rúas de Nova York, á súa Valencia natal ou ao Madrid de hoxe en día. Ao longo da obra imos descubrindo personaxes e feitos que condicionarán de xeito determinante ao futuro Millás, tanto no plano persoal, como no literario. O falecemento anunciado do seu amigo Vitaminas, as relacións pais – fillo nunha familia de nove irmáns, os primeiros desenganos amorosos coa súa veciña María José, etc, son feitos que tiveron lugar no espazo de tempo que ocupa a obra e que tiveron incidencia en novelas como Dos mujeres en Praga ou Tonto, muerto, bastardo e invisible.

Con todo, se hai algo que destaca en El Mundo, é o ambiente onírico no que Millás envolve a obra. A sensación de estar fóra de lugar, de non encaixar, persigue ao protagonista (e polo tanto ao lector) durante todo o relato. Nalgúns momentos, mesmo explótase o papel das drogas para producir esta sensación, recorrendo ao éter inhalado, a marihuana ou ao poder narcótico da febre.

En definitiva é unha obra diferente, na que o autor abre a súa personalidade ao lector, na que se explican moitas das claves que levaron a Juan José Millás a ser o que é hoxe en día, e na que se narra unha das pequenas historias que forman o mundo.

DUARTE ROMERO VARELA

Anuncios

Entry filed under: Reseña.

Chechenia El año que trafiqué con mujeres

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


diciembre 2007
L M X J V S D
« Nov   Ene »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: