El año que trafiqué con mujeres

diciembre 26, 2007 at 10:05 pm Deja un comentario

En El año que trafiqué con mujeres, o xornalista Antonio Salas oculta de novo a súa auténtica identidade para infiltrarse no mundo da prostitución feminina en España. Esta fantástica mostra do xornalismo de investigación consíguenos achegar a unha dura realidade que se pode atopar en calquera esquina das rúas das nosas cidades e que, sen embargo, a maioría de cidadáns descoñecemos por completo. 

Cunha nova identidade, totalmente oposta a de Tiger88 que encarnou no tamén polémico Diario de un skin, este xornalista consegue demostrar como en pleno século XXI se pode mercar seres humanos igual que se fose calquera outra mercancía. Coma se dun diario persoal se tratase, Salas vainos revelando as relacións que descobre entre este mundo e o dos skins que centraron o seu anterior libro (por exemplo, que os ultradereitistas que pretenden expulsar os inmigrantes do seu querido país estanse a aproveitar deles xa que son a súa principal fonte de ingresos nos clubs de alterne), as mafias que obrigan á mulleres dos chamados países en vías de desenvolvemento a prostituírse no noso país baixo ameaza de matar as súas familias, os rituais de vudú para atemorizar ás mulleres africanas, as famosas que gañan máis nunha noite que nos seus traballos, as estudantes que se costean deste xeito os seus caprichos…

O libro constitúe un auténtico discurso sobre tódolos campos da prostitución. O relato en primeira persoa e as transcricións exactas do sucedido inda lle confiren un ton máis real. Realmente causa impacto saber o que ocorre tan preto de nós. Esperta un certo remordemento na conciencia. E o xeito que Antonio Salas escolleu para demostralo é perfecto.

  

Andrea Carcacía Hermilla

Anuncios

Entry filed under: General, Reseña.

El mundo, de Juan José Millás EL HOMBRE SECRETO de Bob Woodward

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


diciembre 2007
L M X J V S D
« Nov   Ene »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: