CABEZA DE TURCO DE GÜNTER WALLRAFF

diciembre 21, 2007 at 11:30 am

cabezadeturcoyc2.jpg

Logo de ler este libro algunhas persoas crerán que Wallraff está tolo. Outras, simplemente, que vive para a súa profesión. A min, particularmente, paréceme que é un tolo que vive para a súa profesión.

 O da tolemia adoita ser algo indefinido. Pero tendo en conta que Wallraff puido ter tratado o mesmo asunto sen danos psicolóxicos nin físicos para si fai que o seu valor roce a loucura.  Mais a el non lle convencía ningunha outra perspectiva que non fose a de poñerse na pel do que sofre e é aquí onde entra o amor pola profesión.

 Para quen non lese o libro e queira saber de que trata, abonda con dicir que Wallraff se “converteu” nun turco (cambiando a súa aparencia) na Alemaña  de 1983 – 84 e que durante un ano e medio realizou os traballos máis insalubres, pouco remunerados e peor vistos pola sociedade. Günter Wallraff foi Alí día e noite e incluso viviu nun miseramente nun barrio de marxinados onde a contaminación dunha fábrica próxima (na que el traballaría durante seis meses e que lle provocaría unha bronquite crónica)  facía do cáncer unha doenza corrente na zona.

  O estilo do libro é áxil e dinámico. Wallraff conta o que viviu con certos toques de ironía. Da súa experiencia no Mc Donald’s narra “se trabaja con dos trapos, uno para las mesas y otro para los ceniceros (…) pero a menudo, con las prisas que nos imponen, ya no es posible distinguir un trapo de otro, aunque ello no molesta a nadie dado que se limpian los retretes con el mismo trapo con lo que el ciclo alimentario se cierra de nuevo”.

Günter Wallraff pasou dez anos da súa vida considerando este proxecto e o primeiro que menciona no libro é que “tiña medo”. Estará tolo, pero é un tolo con ‘sentidiño’.

 Mª Tania Alonso González 

Anuncios

Entry filed under: Reportaxe.

Artículos, de Mariano José de Larra. “Entrevista con la hisotria” Oriana Fallaci.


diciembre 2007
L M X J V S D
« Nov   Ene »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: