Unha conversa por entregas

diciembre 18, 2007 at 11:16 pm Deja un comentario

casares-despacho.jpg

Recordo o intre en que unha segunda persoa me acusaba de algo do que eu, a estas alturas, aínda non me decatara. Foi unha acusación nobre, por iso non me doeu. Días despois, xa sexa por casualidade medemliana ou non, tropeceime cunha sentencia que eu tomei como unha desas frases dignas de gardar no peto: “O medo ao aburrimento denota falta de madurez: por iso son os rapaces novos os que máis medo lle teñen.” Nese intre, pregunteime se alguén aquel sábado 25 de xullo do 2002, día no que foi publicada esta columna en La Voz de Galicia, esbozaría un pequeno sorriso, un semellante ao que se me escapou a mín.

Como ese momentos, outros moitos. E é que Carlos Casares cos seus diálogos cotiás que compoñían a marxe de cada número de La Voz, conseguiu dun xeito admirable aproximarse a cada un dos lectores, xa fora tocando o tema polémico do día, xa fora contando as aventuras de Tomás, o pobre gato ao que lle roubaron o que tiña de home. Iso si, sempre fuxindo do ornamentalismo lingüístico que, en moitos casos, non fai máis que aumentar a distancia entre escritor e lector. Non. Carlos Casares escribía tal e como falaba, castelanismos incluídos.

Nesta serie de textos mostra o seu xeito de entender o mundo, “de ver a vida e de conducir a realidade” tal e como dixo no seu momento Marcos Valcárcel. Este escritor considera a Carlos Casares como ‘o iniciador do mundo dos blogs’ e eu penso que oxalá os blogs seguisen os camiños percorridos por “Á marxe”.

Se esas pequenas historias entrelazadas conseguiron convertelo no columnista máis lido da prensa galega, ¿que dicir dos libros que posteriormente se publicarían recompilando todos os fíos dunha bufanda tecida con realidade e fantasía? Son moitos os que recordan a súa figura e os que lle dedican unhas palabras cada 9 de marzo, día da súa morte. Eu prometo tamén facelo.

 

Deborah Castro Mariño

Anuncios

Entry filed under: General.

Nunca máis Galiza á intemperie Artículos, de Mariano José de Larra.

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


diciembre 2007
L M X J V S D
« Nov   Ene »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: