Archive for diciembre 13, 2007

LA AVENTURA DE VIAJAR. HISTORIAS DE VIAJES EXTRAORDINARIOS

Fai uns meses vin este libro nunha das librerías que frecuento, en canto o vin chamoume a atención. Quizais foi o título: La aventura de viajar. Historias de viajes extraordinarios, ou quizais foi o nome do autor, confeso que nun primeiro momento confundino co prolífico escritor Pérez-Reverte. Pero non, tratábase de Javier Reverte, tamén xornalista, tamén traballou para televisión e agora tamén se dedica unicamente a escribir libros de ficción como o afamado Pérez-Reverte.

resena-decembro.jpg Di J. Reverte, nas primeiras páxinas, que sempre quixo ser escritor e que por iso se fixo xornalista. Ao lelo foi como recrear un soño persoal, a día de hoxe camiño da realidade.

A lista de lugares onde estivo Reverte, e que trata en La aventura de viajar, é longa. Dun lado a outro do planeta os seus extremos serían: Helsinki arriba, Port Stanley abaixo; Tijuana ao oeste; Aukland ao leste. O que conta este libro non son descricións de cada cidade, coma se fose unha guía turística. A experiencia no váter por succión dun cruceiro de luxo onde a “media de idade está entre os 75 anos e a morte”; en Irlanda, o ruído da primeira bomba que oía estalar, un “primeiro encontro coa violencia” contraposto ao coro de nenos que gritaban divertidos: estalou unha bomba. As anécdotas como parte do séquito dos Reyes de España engordan boa parte do libro. Delirante é o episodio ocorrido en Colombia, onde os xornalistas destacados para cubrir o encontro de Adolfo Suárez con presidentes latinoamericanos, compraron marihuana “punto de ouro” A “roda informativa” baixo o efecto psicotrópico foi un “desastre”: xornalistas en bañadores, fumados e “algo desexosos de perderse con algunha moza na praia”. Anécdotas deste tipo permite descubrir a un viaxante camuflado de xornalista e con ganas de ser escritor. O certo é que a visión de Reverte garante algún sorriso e moita experiencia por referencia, pois descobre, como todo bo cronista, o extraordinario no ordinario.

En canto ao seu estilo, opino que non é un gran escritor, pois o seu estilo non é máxico nin depurado, pero no transcurso das case trescentas páxinas, fai un percorrido polas viaxes mais interesantes da súa vida facendo ao lector cómplice dos seus segredos e anécdotas posto que se expresa dunha forma moi directa e próxima.

Cada capítulo comeza cunha cita dun escritor, quédome coa que presenta o capítulo O perfume da guerra: “O sentido da vida é cruzar fronteiras” de Ryszard Kapuscinsky.

Verónica López Oseira

Anuncios

diciembre 13, 2007 at 10:39 pm Deja un comentario

Rolling Thunder: con Bob Dylan en La carretera de Sam Shepard

 bob-dylan.jpg

Rolling Thunder: con Bob Dylan en la carretera é o resultado da xira Rolling Thunder Revue que tivo lugar entre o outono de 1975 e a primavera de 1976 por 22 cidades dos Estados Unidos.

Rolling Thunder non pode ser considerada unha xira máis, afastada de grandes promocións, é “unha entrega comunal de enerxía espiritual a través da música”.

É o reflexo da unión de brillantes músicos na loita pola liberdade de Hurricane Carter, culpado por uns asasinatos que non cometera e encarcerado por ser negro.

Con Bob Dylan á cabeza e acompañado de músicos xeniais como Joan Baez, Ramblin’ Jack Elliott, David Mansfiel, Marc Ronson, T. Bone Burnett e Joni Mitchel entre outros ( amais da presenza de Ginsberg a modo de guía espiritual), Sam Shepard consegue relatar ao máis puro estilo gonzo a historia duns días que non se repetirán endexamais. Que te chame Bob Dylan sendo case anónimo para que dirixas unha película do seu próximo proxecto é difícil, agora ben, conseguir desentrañar o misterio dun gran poeta e músico vivo, ademais de outros adxectivos que se lle poderían aplicar, roza o imposible, de feito, nunha das pasaxes do libro Sheard escribe:

o seu heroísmo transcende o mero fenómeno de moda[..] porque a súa mesma identidade é un misterio, forza que a pregunta “quen é el?” pase a “que é el?”. Que é ese entorno estraño, embruxado, que crea sobre o escenario, nos discos, no cine, en todo o que toca?, De que mundo bebe e a que mundo nos leva como resultado?”

Sen dubida algunha, unha das grandes definicións de Dylan, se se poden aceptar definicións ao respecto.

Un libro imprescindible que pode ser acompañado na súa lectura por unha banda sonora esencial.

M.Cristina Pereiro Paz

diciembre 13, 2007 at 9:06 pm


diciembre 2007
L M X J V S D
« Nov   Ene »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo