LIZARRALDE

diciembre 7, 2007 at 11:48 pm Deja un comentario

Primeira novela do escritor inglés John Langridge, natural de Canterbury e residente na cidadé castelá de Valladolid dende 1988. A través da súa ópera prima, “Lizarralde”, Langridge acheganos a unha España sumida na cruenta guerra civil e nas súas terribles consecuncias para todo cidadano que non simpatizase co movemento.

José Lizarradle, apodado coma Pepe “El Vasco”, abandona Euskadi e se desplaza ata Valladolid en tempos da segunda república, alí coñecerá a María, cociñeira dun cuartel militar e ca cal comezará unha vida en común  baixo os máis profundos mandamentos do amor, unha relación idílica. Tras varios postos de traballo escasamente remunerados, José e María, xa vivindo en matrimonio, abren un bar nunha das rúas céntricas da capital vallisoletana, o “Bar Vasco”. En escasos meses o bar convértese en centro neurálxico de discusións políticas entre un grupo extremadamente variopinto de personaxes de tódalas correntes de pensamento. Anarquistas, comunistas, republicanos, falangistas, todos danse cita no bar para as súas acaloradas discusións. Entre todo ese homoxéneo grupo anónimo, destaca un nome: Jose Antonio Girón de Velasco.

Co estoupido do levantamento, e a consecuente persecución sistemática de todo aquel que non apoiase o golpe de estado, Pepe foi detido e conducido cara os calabozos dun dos cuarteis militares de Valladolid, a espera do frío metal dos fusís falangistas. Grazas a un amigo logra escapar e se refuxia lonxe da cidade e da civilización. A partires de aquí se presenta continuos saltos temporais no libro nos que se narran os posteriores anos de posguerra e nos que se nós decribe a difícil vida daqueles anos, a continua persecución de todo “rojo” e os tempos de miseria que arrastrou a guerra á sociedade española.

En medio de todo isto presentase un tema secundario fronte o tema principal da crueldade e repercusións das guerras. O tema da pesca. José Lizarralde ama a pesca e son constantes as referencias ó vocabulario pesqueiro. Así como sirve de nexo de unión entre personaxes de distintas correntes políticas que se ven unidos por unha cana de pescar.

O libro revela que a historia está baseada en feitos reais e ten un obvio trasfondo xornalístico por todo o traballo de recopilación informativa que se adxunta ó final do libro, fotos, documentos, sentencias, nomes e demáis datos extraídos de arquivos públicos como o da biblioteca de Valladolid ou privados coma o arquivo da familia Lizarralde.

Unha entretida novela curta que supón o discreto estreno de este escritor novel, amante da pesca coma el mesmo recoñece. Un libro que non deixará máis pegada na literatura ca que o propio lector lle otorgue.

 

 

Lois Balado Tomé 

Anuncios

Entry filed under: General.

Sostiene Pereira, de Antonio Tabucchi La ciudad de las sonrisas. Martí Gironell

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


diciembre 2007
L M X J V S D
« Nov   Ene »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: