Sostiene Pereira, de Antonio Tabucchi

diciembre 6, 2007 at 12:14 pm Deja un comentario

Sostiene Pereira, así comeza esta novela do italiano Antonio Tabucchi. A frase, repetida insistentemente ao longo da obra fai que a obra semelle que é o protagonista quen lle narrou os feitos ao autor. A maior parte da acción transcorre na cidade de Lisboa no ano 1938, xa instalada a ditadura de Oliveira Salazar. A Guerra Civil no país veciño e a situación a preocupación pola situación Europea aparecen reflectidas a través de varios personaxes.

A novela narra a vida de Pereira, xornalista de profesión, que de cronista nun dos rotativos máis importantes de Portugal pasa a dirixir a páxina de cultura dun pequeno xornal vespertino, o Lisboa. Obsesionado coa morte e marcado pola perda da súa dona poucos anos antes, vive sen preocupacións políticas nin económicas. A súa tranquila existencia cambiará ao coñecer a Monteiro Rossi, un rapaz de orixe italiana ao que contrata como axudante. Pereira non considera publicábel ningunha das necrolóxicas que lle presenta, pero non se atreve a despedilo.

Grazas a Monteiro Rossi, a súa moza Marta, o cura don António e doutor Cardosos Pereira irase decatando da verdadeira realidade do réxime salazarista e da represión que sofre Portugal. Un proceso doloroso que lle levará a tomar partido e actuar pola liberdade a pesar dos riscos.

A novela amosa como este xornalista esperta do seu letargo e toma conciencia da situación do seu país e a imposibilidade de denunciala e publicala. Amosa tamén como xa en 1938 a resistencia clandestina ía sementando as esperanzas que florecerían nun aínda afastado 1974 como caraveis nos fusís dos Capitáns de Abril.

 

 Santiago Agra Bermejo

Anuncios

Entry filed under: General, Reseña.

A sangre fría LIZARRALDE

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


diciembre 2007
L M X J V S D
« Nov   Ene »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: