Áfricas: cosas que pasan no tan lejos. Bru Rovira

diciembre 5, 2007 at 12:21 pm Deja un comentario

Bru Rovira, reporteiro do diario La Vanguardia, achéganos coas súas verbas, olladas e fotografías a unha África que nos berra constantemente e a que non facemos máis que silenciar porque “é preferible ignorar o que non podemos soportar, ignoralo, tamén, porque de sabelo, non poderiamos soportarnos a nós mesmos”. Dá voz, fuxindo tanto  do morbo coma do cinismo, a África, a unha muller chea de contradicións. Dunha gran beleza, fértil, rica en recursos (que ninguén dubida en espoliar) e con vontade de saír adiante. Pero adoece de grandes enfermidades (e digo enfermidade agardando que se atope unha cura) como o xenocidio, exércitos de nenos soldado, pobreza, violencia sobre a poboación civil, a situación da muller, enfermidades, fame…

 

Bru Rovira trasládanos á realidade da que foi testemuña en Sur Sudán, Somalia, Liberia e Ruanda non quedándose só en números e estatísticas; porque sobre todo, o seu libro é un relato humano no que escoitamos conversas, limos cartas e coñecemos a persoas con nome, o que pensan, as súas dores, alegrías, problemas e esperanzas. Non apela a emocionar mostrándonos só a morte, o sangue e a aqueles que se foron, senón que tamén nos fala dos superviventes, dos que aínda seguen loitando.


Cunha linguaxe sinxela, sen máis pretensión que a de servir de mediador entre o lector e a realidade, regálanos este libro e a posibilidade de comprendelo cando fala da insoportable dualidade que sofre un reporteiro ao vivir entre dous mundos. Tamén comenta dende un punto de vista crítico a súa opinión sobre o oficio de xornalista e a necesidade de non caer no cinismo.

Andrea García Rodríguez

Anuncios

Entry filed under: Reseña.

35 días en China. El despertar del dragón (Eugenio Madueño e Bru Rovira) A sangre fría

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


diciembre 2007
L M X J V S D
« Nov   Ene »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: