As veas abertas de América Latina

diciembre 4, 2007 at 11:49 am 1 comentario

Eduardo Galeano (Montevideo, 1940) móstranos nesta obra, dunha forma clara e sinxela, o brutal e desapiadado saqueo ao que os imperialistas someteron ao continente sudamericano ao longo da historia, sen reparos á súa avaricia insaciable. Neste proceso non dubidaron en escravizar e destruír pobos enteiros esquilmando tódalas riquezas posibles. Primeiro españois e portugueses co monocultivo e a extracción dos recursos minerais. Despois do proceso de independencia, norteamericanos e ingleses: en nome da liberdade, da democracia e do progreso dan golpes de estado para instaurar dictaduras reaccionarias, todo con tal de manter e ampliar a súa marxe de beneficios. Todo isto co beneplácito e a complicidade das burguesías dos respectivos países.

Este tratado de historia económica, con trazas de reportaxe xornalística e de relato para facer máis levadeira a avalancha de datos que Galeano nos trae e a sórdida realidade que describe, segue sendo de actualidade a pesar de estar escrito en 1972. Este completo repaso á historia de América Latina é imprescindible para todo aquel que estea interesado no continente sudamericano.

Nos seus inicios, Eduardo Galeano foi redactor xefe da prestixiosa revista Marcha (1960-64), publicación que acabou sendo silenciada pola dictadura uruguaia en 1974. En 1964 é director do diario Época e en 1973 ten que exiliarse a Arxentina, onde funda e dirixe a revista literaria Crisis. En 1975 aséntase en España, atopando un país que está a piques de experimentar un salto histórico cualitativo, co dictador como sombra de si mesmo. Publica en revistas españolas e en 1985 regresa a Montevideo, onde reside actualmente.

Anuncios

Entry filed under: General.

VEU VISITARME O MAR de Rosa Aneiros 35 días en China. El despertar del dragón (Eugenio Madueño e Bru Rovira)

1 comentario Add your own

  • 1. xenerosc  |  diciembre 4, 2007 en 11:50 am

    Carlos Varela Cidre

    Responder

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


diciembre 2007
L M X J V S D
« Nov   Ene »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: