35 días en China. El despertar del dragón (Eugenio Madueño e Bru Rovira)

diciembre 4, 2007 at 5:08 pm Deja un comentario

Os trinta e cinco capítulos que forman 35 días en China, froito dunha viaxe dos xornalistas Eugenio Madueño e Bru Rovira polo país asiático, naceron coma crónicas no diario La Vanguardia no verán de 1995.

Seguindo unha ruta que se iniciou en Pekín e os levou ata as provincias interiores do país, os dous xornalistas retrataron a sociedade chinesa a través de pequenas historias cotidianas. As súas crónicas, moitas delas protagonizadas por personaxes representativos –por veces identificados, por veces anónimos–, amosan a súa visión de China, abordando aspectos que van dende a herdanza do maoísmo ata os cambios sociais que acompañan á actual apertura económica.

O formato da obra –relatos dunhas sete páxinas conectados polo avance cronolóxico da viaxe– fai que o libro sexa fundamentalmente narrativo, con descricións puntuais que ambientan as pequenas historias. Son frecuentes os datos históricos e anécdotas, que resultan ás veces moi ilustrativas. Outro elemento empregado na maioría das crónicas é o diálogo, a través do cal as persoas que van aparecendo na obra expresan a súa visión do país ou revelan ao lector a idiosincrasia chinesa. As fotografías que inician cada unha das crónicas  –tiradas por Bru Rovira– contribúen á formación da visión global de China que resulta da lectura da obra.

O ton do libro é desenfadado, adubado cun toque de humor. O estilo, claro e sinxelo, responde as necesidades da súa publicación orixinal coma crónicas diarias. A súa recompilación dá coma resultado unha obra amena e áxil debido á brevidade dos relatos.

MARÍA RODIÑO PÉREZ

Anuncios

Entry filed under: Crónica.

As veas abertas de América Latina Áfricas: cosas que pasan no tan lejos. Bru Rovira

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


diciembre 2007
L M X J V S D
« Nov   Ene »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: