“Relato de un náufrago” Gabriel García Márquez

diciembre 2, 2007 at 4:25 pm Deja un comentario

Esta novela conta en forma de reportaxe a historia dun náufrago que estivo á deriva durante dez días sen comer nin beber loitando por sobrevivir.
Luis Alejandro Velasco, o náufrago, reuniuse con Gabriel García Márquez, daquela xornalista do xornal “El espectador” para relatarlle a historia real que acontecera, xa que se contara con anterioridade e deformando dita información.

A historia comeza o 28 de febreiro de 1955 cando tivo lugar o accidente dun destructor, a causa do incidente caeron ó mar oito mariñeiros, deses oito houbo un que sobreviviu e pasou dez longos días nunha balsa ata que o atoparon nunha praia preto de San Juan de Uraba. O accidente según relataba o náufrago foi consecuencia do exceso de carga no barco, polo que foi moi dificultoso facer maniobras para rescatar ós tripulantes. A carga constaba de neveras, electrodomésticos, radios de contrabando, dato que ocultou o goberno declarando que a causa do suceso foi unha tormenta; gracias ás declaracións de Luis ALejandro Velasco se descubriu a verdade.

Ó longo da novela nárrase as peripecias que tivo que facer o náufrago para sobrevivir, o que tivo que pasar nunha balsa no profundo mar, loitando contra tiburóns, cazando como podía e comendo gaivotas…e incluso a consecuencia da fame e da sede chegou a ter alucinacións. A novela relátase cun realismo extraordinario, que incluso parece realismo máxico, o sorprendente é que todo o que se conta ocorreu de verdade.

Cando foi rescatado e regresou a Cartaxena, converteuse nun heroe nacional, a súa historia foi contada numerosas veces e de diferentes maneiras, ocultando sempre a consecuencia do accidente que implicaba directamente ó goberno corrupto. “Relato de un náufrago” foi publicada en “El espectador” a mans de García Márquez, e cando o escándalo saíu á luz, o goberno obligou a García Márquez a exiliarse e Luis Alejandro Velasco perdeu toda a fama e publicidade que tivera durante moito tempo. De ahí que o título enteiro da novela é: “Relato de un náufrago que estuvo diez días a la deriva en una balsa sin comer ni beber, que fue proclamado héroe de la patria, besado por las reinas de la belleza y hecho rico por la publicidad, y luego aborrecido por el gobierno y olvidado para siempre”

En conclusión, un libro moi entretido, co cal se desvelou a corrupción do goberno. Un relato narrado de forma moi sinxela, directa e cun realismo incrible, moi detallado co que se podía imaxinar moi facilmente as esceas que estaba a contar. En definitiva, unha reportaxe en toda regra.

Clara de Vega Fernández

Anuncios

Entry filed under: General.

El periodismo es un cuento, Manuel Rivas VEU VISITARME O MAR de Rosa Aneiros

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


diciembre 2007
L M X J V S D
« Nov   Ene »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: