El periodismo es un cuento, Manuel Rivas

diciembre 2, 2007 at 4:14 pm Deja un comentario

Manuel Rivas é, segundo a súa biografía, xornalista, novelista, ensaísta e poeta.
Despois de ler a primeira reportaxe de El periodismo es un cuento quedei convencida de que non só desempeña todas estas facetas, senón que ademais é quen de combinalas maxistralmente. Neste libro, no cal se recompilan unha serie de reportaxes que o autor publicara no diario El País, podemos reparar, en primeiro termo, no Manolo Rivas xornalista, cuxas historias son froito dun man a man coa realidade. No novelista, porque é marabillosamente posible “engancharse” á súa narración, e porque os seus protagonistas son sempre tratados como tales. No ensaísta, que nos convida a reflexionar e a non caer tan só no efémero. E, que dicir da poesía? Sentímola palpitar en cada recuncho das súas páxinas. Ninguén mellor ca el reviste as palabras co tecido da tenrura. Todos estes elementos literarios configuran unha filosofía xornalística na cal “escritor” e “periodista” quedan diluídos o un no outro.
“El periodista es un escritor. Trabaja con palabras. Busca comunicar una historia y lo hace con una voluntad de estilo”
Do escritor e as súas reportaxes poderiamos engadir que non só “traballa coas palabras” senón que as esculpe e as introduce no molde das súas inquedanzas. Falar de “traballadores da siderurxia vasca” pode ser abondo ilustrativo. Pero facelo dunha “composición na que se funden homes, máquinas e lume”, resulta moito máis. A crenza no valor da palabra é, para o coruñés, o que o Pai Noso para un fiel devoto.
Ademais da indiscutible autenticidade do autor, hai un fío que hilvana todas as reportaxes deste libro. As grandes historias non teñen por qué ser froito da prodixiosa mente dun cineasta. Ó noso redor existe unha realidade encinta de historias agardando ser contadas.
“Podía ser la imaginación de Stevenson, Conrad o Salgari, pero es la memoria cierta de un natural de Camariñas”

Karina Rivero Conde

Anuncios

Entry filed under: Reseña.

“La hoguera de las vanidades” Tom Wolfe “Relato de un náufrago” Gabriel García Márquez

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


diciembre 2007
L M X J V S D
« Nov   Ene »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: