Contos Edgar Allan Poe

diciembre 1, 2007 at 5:40 pm Deja un comentario

O Corazón delator e A Caída da casa Usher

Esta crítica literaria ocúpase de dous relatos do escritor romántico estadounidense Edgar Allan Poe. A elección destes dous contos débese a que considero que dan perfecta mostra do mundo de Poe, sobretodo no ámbito do terror e das obsesións, as paranoias e os desarreglos mentais.

O primeiro deles é O corazón delator cuxo título orixinal en inglés é The Tell-Tale Heart. Éste foi publicado por primeira vez no xornal literario The Pioneer en xaneiro de 1843. Máis tarde sería republicado, esta vez o 23 de agosto de 1845, por The Broadway Journal.

Trátase dun breve conto de apenas sete páxinas, considerado como o inagurador do denominado xénero de terror psicolóxico. A voz narradora corresponde a un neurótico paranoico que, con constantes chamadas de atención ao lector, relata un terrible e premeditado crime. O impacto e a intriga xa se apodera do lector nas primeiras lineas do conto: “¡É certo! Sempre fun nervioso, moi nervioso, terriblemente nervioso. Pero, ¿por qué afirman vostedes que estou tolo?”. Deste xeito, e cun ritmo e musicalidade inimitables, conseguidos a través de numerosas repeticións que evocan a locura do propio narrador, a intriga irá in crescendo, ata chegar ao impresionante clímax final no que a historia dará un xiro imprevisible. Poe consegue que o lector se introduza na mente do psicópata grazas a unha brillante descripción psicolóxica, ata o punto de que chegue a comprendelo debido a pasmosa claridade dos seus razoamentos e á meticulosidade coa que leva a cabo o seu oscuro plan. Este relato constitúe unha perfecta mostra da crueldade e da obsesión que enturbiaban o sentido de Poe, onde o sadismo alcanza un brillo terrible. Impresionante, brillante e inigualable. A obra de Poe sempre marcará pauta nas obras de escritores posteriores pero, sen dúbidas, O corazón delator é o seu conto por autonomasia.

O segundo conto elixido é A caída da casa Usher publicado por primeira vez no Burton’s Gentleman’s Magazine, en 1839. O seu título orixinal en inglés é The fall of the house of Usher.

A diferencia do primeiro, este é un relato longo, onde abundan as descripcións meticulosas que nos introucirán no fantasmagórico e tétrico mundo da masión familiar dos Usher. O narrador é un persoaxe anónimo que recibe unha carta do seu compañeiro de escola Roderick Usher, quen lle suplica a súa visita e compañía debido aos seus males físicos e desordes mentais. Existe unha clara correlación entre o estado da mansión e a saúde dos seus habitantes. O clima de angustia e melancolía, así como a presencia do sobrenatural respíranse dende os primeiros momentos, reflexados mediante elementos como o silencio, o frío, o abandono ou a falta de luz. O terror que este conto suscita no lector está conseguido dunha maneirainsuperable, tanto polas fotográficas descripción das terribles atmosferas que se recrean (atmósferas enfermizas, de doenza moral, de decrepitude e de morte), coma polos seus escuros persoaxes que se moven nun estado de loucura e patetismo. O ritmo lento e pausado tamén contribuirá a aumnenta-la tensión. O diálogo ocupará un lugar secundario. Tal como no conto anterior, o interese aumentará de forma ascendente ata chegar a un terrorífico fin, no que o ritmo será trepidante. Por outra banda, grazas a lectura duns estudos biográficos sobre Allan Poe elaborados polo seu grande admirador e escritor arxentino Julio Cortázar, puiden atopar certos paralelismos entre o narrado neste relato e a vida do propio Poe: as depresións e obsesións do protagonista, o temor á morte, a presencia do láudano e o alcohol, así como o gusto polo macabro e a perversión. En fin, un conto brillante e considerado como o mellor de todos por moitos dos estudiosos e admiradores de Allan Poe, entre eles Cortázar, Borges, Kafka ou Roger Corman.

María Abelleira Bermejo. 2º de Xornalismo. Grupo A

(Reseña de Noviembre)

Anuncios

Entry filed under: General.

Territorio Comanche “La hoguera de las vanidades” Tom Wolfe

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


diciembre 2007
L M X J V S D
« Nov   Ene »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: