Che Guevara: una vida revolucionaria

diciembre 1, 2007 at 12:48 am Deja un comentario

Non é doado toca-la figura do Che Guevara sen caer en lugares comúns, demonizacións e sobre todo en mitificacións. O que fai diferente a biografía de Jon Lee Anderson é que se cadra é a que pode presumir dun proceso de documentación máis rigoroso. O reporteiro americano tivo acceso a documentos e testemuñas até agora inéditos, tales como certos arquivos do goberno cubano ou á información que podía achegar Aleida March, última muller do Che Guevara.

Grazas a esta vantaxe documental, Jon Lee Anderson é quen de expor dun xeito serio e rigoroso a vida do revolucionario arxentino, así coma a súa complexa personalidade e o seu corpus político e ideolóxico. Nesta obra repásase desde a súa infancia na arxentina, marcada por importantes problemas de saúde, até o período de gobernante após do triunfo da Revolución Cubana, pasando por unha mocidade convulsa no sentimental e austera no material. O autor non deixa de narrar en profundidade os acontecementos que marcaron a vida do Che Guevara, así como o seu devir político. Deste xeito, a viaxe en moto por América Latina que realiza na súa época de estudante, ocupa unha parte importante da obra, xa que supón un punto de inflexión na configuración ideolóxica do Che.

En definitiva, atopámonos ante unha obra esencial para comprender unha das figura máis emblemáticas do século XX e un xeito de achegarnos, lonxe de mitificacións partidistas, ao pensamento político e social do revolucionario arxentino.

 

 

Duarte Romero Varela

Anuncios

Entry filed under: General.

Los Manipuladores de Cerebros Territorio Comanche

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


diciembre 2007
L M X J V S D
« Nov   Ene »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: