Los cínicos no sirven para este oficio.Ryszard Kapuscinski

noviembre 30, 2007 at 3:25 pm 1 comentario

Póñome a ler de novo un libro sobre xornalismo, agardando atoparme co de sempre e contado coma sempre,mais para a miña sorpresa atópome cun libro “conversado”, cas opinións humildes e sinceiras, dun xornalista que xa leva moitos anos no oficio.

Nestas conversas mantidas entre Ryszard Kapucinski con outros compañeiros de oficio e máis un literato, en Italia co gaio da VI Convención “Redactor Social”,fai case unha década(apunto a data porque sorpréndeme ver que pouco mudou o escenario do xornalismo nos últimos anos), fálase dos deberes, das obrigas, as dificultades e as responsabilidades de calquiera profesional da información. Ámosanos neste libro Kapuscinski a súa maneira de entender o “bo xornalismo”, alonxándose do sensacionalismo e de todas esas efemérides inmediatas que copan a día de hoxe moitas das páxinas dos nosos diarios.

O único modo de facer ben o noso traballo é segundo Kapucinski mimetizándonos co entorno, vivindo do mesmo xeito que aqueles sobre os que estamos informando, compartindo os seus problemas e tentando resolvelos ou ao menos describilos, que para iso nos temos nas nosas mans as verbas. Critíca dun modo directo a todos aqueles profesionais que cobren a noticia naquel lugar onde saben que vai a estar, sen procurala, marchándose unha vez que a teñen e esquecendo o problema, olvidando así o resto da información no terreo da noticia, que nunca chegara a selo xa que non existirá nos medios. Moita historia recente e non tan recente esta esquecida, borrada do noso pasado porque os medios decidiron que nunca existise.

É erróneo para o autor do libro escribir sobre un feito sen coñecer as súas causas, limitándonos ao actual.Debemos os xornalistas facer traballo de historiadores para entender ben o que nos rodea e poder explicalo. Só asi poderemos facer bo xornalismo.

Ofrécenos unha visión bastante negativa sobre o presente desta profesión, máis non perde as esperanzas no futuro. Espero que pouco a pouco ista realidade cambie, troque, a prol dunha maior honestidade e humanismo no noso traballo.

Anuncios

Entry filed under: Reseña.

EL PERIODISMO CANALLA Y OTROS ARTÍCULOS (Tom Wolfe) CON ÁNIMO DE OFENDER. Arturo Pérez Reverte

1 comentario Add your own

  • 1. xenerosc  |  enero 31, 2008 en 3:14 pm

    Clara Sánchez Vázquez Grupo C

    Responder

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


noviembre 2007
L M X J V S D
    Dic »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: