La Rusia de Putin

noviembre 30, 2007 at 9:11 pm Deja un comentario

A malograda xornalista rusa Anna Politkóvskaya fai neste libro unha profunda análise do mandato de Vladimir Putin, iniciado no ano 2000 e que aínda agora segue vixente. En primeira persoa describe as atrocidades cometidas adentrándose nas entrañas dos acontecementos e chegando ata o máis profundo dos sentimentos expresados polos protagonistas destas historias e mailos seus familiares.

O estilo non podía ser máis achegado ao xornalismo de investigación ao que se lle pode engadir un plus de profundidade. Anna elabora unha contextualización moi ampla arredor dos antecedentes das eleccións gañadas por Putin. Todo isto serve para explicar as numerosas inxustizas derivadas da xestión do Presidente ruso e da corrupción endémica das institucións estatais, derivadas da época soviética, que pasan por alto asasinatos de civís totalmente inocentes a mans da policía ou do exército, a impunidade de calquera tortura deste…

Ante a complexidade dos feitos acontecidos e da ignorancia á que está sometida a poboación mundial arredor da xestión do Presidente, Politkóvskaya decide trocar os medios para expresarse e vai máis aló do que un xornal pode contar na máis extensa das súas composicións. Ademais fai uso dun amplo repertorio descritivo que nos detalla o espazo, os sentimentos de cada personaxe e as sensacións percibidas por Anna Politkóvskaya en cada intre.

Cómpre destacar que a autora inclúe na obra sen ningún miramento crúas descricións de brutais asasinatos ou masacres como as do teatro Dubrovka. Así, La Rusia de Putin, preséntase como un libro cun forte compromiso cos afectados pola política do e que pon perfectamente de manifesto a “besta” na que se converteu o sistema político ruso, definido coma un estado terrorista, que non paga un prezo político grazas á forte coacción á que están sometidos os medios.

Anuncios

Entry filed under: Reseña. Tags: .

El nuevo dardo en la palabra Noticia de un secuestro

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


noviembre 2007
L M X J V S D
    Dic »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: