Galicia, el bonsai atlántico – Manuel Rivas

noviembre 30, 2007 at 12:43 am Deja un comentario

           Galicia, el bonsai atlántico, o propio título indica que Galicia é presentada como a protagonista indiscutible deste libro. Manuel Rivas pretende reflectir toda a esencia da nosa Comunidade Autónoma e para isto defínea desde tódolos seus puntos de vista: a Galicia rural, tan típica e tan parodiada, e a Galicia urbana, que pouco a pouco estase a converter  nunha pequena potencia industrial medrando cada vez con máis forza. Lendas, anécdotas, curiosidades e datos específicos e probables serven para achegarnos máis á historia de Galicia, definida polo propio autor como o “bonsai atlántico”.                         A obra mantén unha relación moi estreita co mundo do xornalismo, mundo que Rivas coñece á perfección e no cal traballa. Son numerosas as referencias a datos e noticias que aparecen na prensa arredor de Galicia e que lle serven ó autor como pretexto para contar distintas historias. Este xornalista ten a capacidade de facer literatura baseándose en feitos reais e isto e o que máis atrae ó público. É capaz de atopar unha conexión directa co lector e facer que este se sinta identificado co que escribe. Calquera dos capítulos que aparece neste libro, tendo en conta o seu estilo e os seus contidos, podería ser publicado na prensa posto que se trata dunha literatura realista que só amosa o que acontece na nosa sociedade. De feito, un deles foi publicado como reportaxe nun xornal da prensa española.               A obra divídese en oito capítulos cunha temática centrada en Galicia pero tomada dende diferentes perspectivas e subtemas. A literatura empregada neste libro facilita moito a lectura con construccións sinxelas e de fácil comprensión, algo que achega a obra a todo tipo de públicos. Usa unha linguaxe amena, áxil e con grande economía de recursos. Esta forma de literatura responde á necesidade de contar cousas de forma directa para que nos centremos por completo nos temas que trata o autor e nos concienciemos da súa importancia, evitando, deste xeito, algún tipo  de estruturas complexas.              Esta obra mergúllanos nunha descrición sobre a nosa terra, falando de cousas que nos engrandecen pero tamén de cousas que preferimos rexeitar.                                                                                                                Alba Maroño García

Anuncios

Entry filed under: General.

Relato de un náufrago, Gabriel García Márquez EL PERIODISMO CANALLA Y OTROS ARTÍCULOS (Tom Wolfe)

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


noviembre 2007
L M X J V S D
    Dic »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: