“Relato de un náufrago” de Gabriel García Márquez

noviembre 29, 2007 at 5:18 pm Deja un comentario

      “Relato de un náufrago” é ben coñecido por todos vós. Trátase dun libro que conta unha historia real, acontecida en 1955 no mar do Caribe, na que o narrador non é García Márquez, senón que é o propio protagonista desta historia. É unha reconstrucción do suceso por parte do xornalista colombiano para o xornal “El Espectador”, según os propios testimonios de Luis Alejandro Velasco, o náufrago; uns testimonios demoledores para a dictadura de entón en Colombia, co Xeneral Rojas Pinilla á cabeza. Luis Alejandro Velasco foi silenciado polo seu Goberno para que non contase a verdade.
    O caso é que, tras unha suposta tormenta cando o destructor “Caldas” atopábase a só dúas horas do seu destino, oito tripulantes caeron ó mar e só Alejandro Velasco logrou chegar a unha balsa para poñerse a salvo. A realidade foi outra, e é que o destructor ía cunha carga excesiva de mercancía de contrabando, e foi por isto que non puido maniobrar correctamente para rescatar aos tripulantes que caeron ó mar. A reacción do goberno polo relato dos feitos provocou a expulsión de Alejandro Velasco da marina.

Luis Alejandro Velasco estivo dez días a deriva no Mar do Caribe nunha balsa, sen nada que comer nin beber, pasando frío cando se adentraba a noite e coindando de non caer á auga cando os tiburóns lle ían visitar. Foi no décimo día cando chegou a unha praia colombiana e a partir de entón foi convertido en heroe, nun gran reclamo para a publicidade, rodeado pola fama…, para acabar sendo olvidado da noite á mañá.

     O papel de Luis Alejandro Velasco é a clave da obra, xa que non estamos ante un relato contado polo xornalista, senón que está en primeira persoa, como se estivese a puño e letra polo protagonista. A gran narrativa do náufrago é un aspecto a destacar, xa que durante toda a obra vai relatando as numerosas vivencias na balsa con todo luxo de detalles, non escatima calquer detalle e vai facendo reflexións de cómo se sentía en cada momento.

 

 Adrián Lois Aparicio

Anuncios

Entry filed under: Crónica.

Crónica dunha morte anunciada Nunca máis Galiza á intemperie, de Suso de Toro

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


noviembre 2007
L M X J V S D
    Dic »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: