Nunca máis Galiza á intemperie, de Suso de Toro

noviembre 29, 2007 at 5:57 pm Deja un comentario

Este libro é unha recompilación de crónicas escritas por Suso de Toro que foran publicadas en xornais como La Vanguardia ou El País, e nas que relata á súa maneira o vivido na catástrofe do Prestige, o “monstro” (como el o chama) que tinguiu a costa de Galiza de negro. Cóntao dun xeito claro, sinxelo, pero tamén impactante.  con críticas moi duras caras os responsábeis. Nas liñas deste libro hai frases como “este sábado un mariñeiro dunha vila da Costa da Morte guindou ao mar unha pedra de cinco quilos e a pedra aboiou. A auga era negra e sólida” ou “naufraga a costa e toda Galiza se sente á deriva”, o autor válese da expresión das súas emocións e sentimentos, que nese momento eran os mesmos do resto de galegos.

O título reflicte como estivo Galiza cando ocorreu o “accidente”: soa, abandonada e esquecida polo Goberno, pola Xunta, polos medios de comunicación públicos… Todos eles eran coma fantasmas, desapareceran, e dende alá onde se agocharan unicamente sabían mentir. Por outra banda, o autor presenta o heroísmo dos mariñeiros galegos e dos cidadáns, atacados e ofendidos, que lograron saír adiante coa axuda e solidariedade dos numerosos voluntarios de diversos lugares, duns poucos políticos da oposición e a verdadeira información que deron os medios de comunicación privados.

Nunha entrevista realizada ó autor, este dicía: “nunca escribín tan ben como neste libro porque nunca tivera antes algo tan importante a dicir, desde logo espero que eses textos duren na memoria dos lectores do meu país”. É difícil resumir en tan poucas palabras todo o que Suso de Toro foi capaz de expresar neste libro, pero está claro que a catástrofe fixo nacer unha Galiza nova, que non debe deixar de berrar ben alto Nunca Máis.

Reyes Riveiro Castro         

Anuncios

Entry filed under: Reseña.

“Relato de un náufrago” de Gabriel García Márquez A favor del placer – Manuel Vicent

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


noviembre 2007
L M X J V S D
    Dic »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: