Mentiras, viaxe dun xornalista á desinformación

noviembre 29, 2007 at 10:47 am Deja un comentario

Haberá un ano por estas datas que asistía, con motivo do XV aniversario da facultade das ciencias da comunicación, a unha conferencia dada polo xornalista catalán Bru Rovira. Entre as moitas cousas interesantes que alí oín (destaca-la habilidade de Rovira de conectar co auditorio, na súa maioría estudantes) quedeime con unha en especial: “os xornalistas ides comer  moita merda”.

Casualmente, tempo despois, durante a lectura deste libro esa frase voltou á miña mente. Lendo sobre tanta manipulación nos medios, sobre tanta presión e intereses de grandes e poderosos elementos do stablishment…, sobre, ao fin e ao cabo, o lado escuro do xornalismo, preguntábame por que demo escollería esta profesión. De verdade quería converterme nun deses xornalistas? Dende logo non eran o prototipo de profesional que me atraeu a enrolarme neste oficio, pero as aparencias enganan e a realidade amosa que ou te adecúas ao que hai ou o tes bastante fodido.

A verdade é que a visión que tes do teu futuro profesional despois de ler esta obra é bastante deprimente. E aínda por riba se a monotonía e a apatía se converten na túa rutina laboral (como se non o fosen agora, e iso que non entramos no mundo laboral), a cousa empeora.

Pero como se soe dicir, “despois da tormenta ven a calma”. E despois de ler sobre tanta merda xornalística na que posiblemente, para  desgraza dos recen matriculados na facultade, te acabes enterrando dentro duns anos, aparece a última parte do libro e a idea que che aporta algo de luz: consegui-lo teu propio “Watergate”! esa nova de puro xornalismo, exenta de tanto banalismo, tanto carto e tanta mentira; coa que te autorrealices non só coma xornalista, senón tamén coma persoa. A ocasión de zafarse da borralla que te rodea!

Xa soñas con esa nova de sona mundial e atemporal coa que poidas concienciar e facer pensar á xente (e xa non digamos mudar algo). Mais unha cousa é querer e outra poder…

 

Manuel Rodríguez Santabaya

Anuncios

Entry filed under: General.

César Casal: A pel do xornalismo Mentiras. Viaje de un periodista a la desinformación. Xavier Mas de Xaxás.

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


noviembre 2007
L M X J V S D
    Dic »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: