LA AMANTE EN GUERRA

noviembre 29, 2007 at 4:37 pm Deja un comentario

La amante en guerra foi escrito por Maruja Torres, escritora e xornalista do diario El Pais para o que desenvolveu a labor de enviada especial en Oriente Medio.

O escenario que Maruja Torres nos presenta na obra é o Líbano, principalmente a capital: Beirut.

Verán do 2006. O estado de Israel inicia unha guerra contra o país veciño. O 12 de Xullo do 2006, a organización chiíta Hezbolá, considerado un grupo terrorista polos EEUU e Israel, comunicou a captura de dous soldados israelís nun enfrontamento. Israel, en represalia iniciou a operación Recompensa Xusta, a súa primeira ofensiva militar aérea e marítima sobre territorio libanés.

 

A nosa escritora, Maruja Torres, xa levaba sementados 20 anos de longa relación co Líbano, instalada na capital. Desta relación surxiu un forte amor por Beirut, o que a levou a pasar as súas vacacións de verán do 2006 nesta rexión de Oriente. Alí foi sorprendida pola ofensiva israelí e iniciouse a historia dun amor ferido cando o país sufriu un intenso bloqueo. Desde este momento ata a súa evacuación, Maruja decide recuperar o seu gran espírito xornalístico e decide enviar as crónicas diarias do que alí sucedía. Saca forzas do amor e do respecto que profesaba pola súa Beirut para converterse nos ollos que presenciarían a dor dos civís; da angustia dos seus amigos, que sen poder evitalo, viron como a metralla israelí derrubou os recordos dun fogar.

 

Un país que conseguira saír a diante e prosperar tras a guerra civil dos anos 80, volta a fracturarse e a desesperanzarse.

Maruja reconvértese na súa obra como narradora e á vez personaxe onde se volve a encontrar cos seus amigos, as rúas, a paisaxe… Onde ve destruírse o que amou durante 20 anos.

Realiza así, unha novela e crónica á vez que comezou a escribir “sen pensalo” somerxida na súa querida Barcelona mentres sabía que Beirut estaba sendo bombardeada e ela atopábase a salvo tras a súa evacuación.

Esta guerra, en pleno século XXI, deixounos 1.187 nacionais mortos, 1.060 feridos, 256.000 desprazados e 15.000 vivendas derruídas.

 

María Fernández Fernández

Anuncios

Entry filed under: Crónica.

Copiar y Pegar Crónica dunha morte anunciada

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


noviembre 2007
L M X J V S D
    Dic »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: