El mundo de hoy

noviembre 29, 2007 at 9:02 pm Deja un comentario

“El mundo de hoy” é unha compilación de ensayos, conferencias, entrevistas e fragmentos de textos de Kapuscinski realizado por Agata Orzeszek. Neles, o xornalista polaco ofrécenos a experiencia vivida tanto na súa vida persoal como no exercicio desta profesión ó igual que realiza unha reflexión sobre diversos temas de interese xeral.O libro encóntrase dividido en tres partes. Na primeira delas, “Mirando hacia atrás (sin ira)”, Kapuscinski recorda a súa infancia sumerxida na II Guerra Mundial cuxas experiencias  influirán no seu traballo futuro. Tamén analiza a súa época de corresponsal da PAP (Axencia de Prensa Polaca)  que o levou a percorrer os países do Terceiro Mundo e poder describir así as penurias sufridas por esas xentes ó igual que remarca a necesidade de vivir nas mesmas condicións que aquelas persoas das que pretendemos informar para conseguir un bó resultado no traballo que se está a realizar.En “Periodismo y literatura”,segunda parte na que se divide o libro, o escritor define ó xornalista como un traductor de culturas que ten que conseguir acabar con todo estereotipo e analiza a súa forma de escribir. Neste bloque Kapuscinski divide a reportaxe en circunstancial e reflexiva e considera que para facer máis creible un texto hoxe en día hay que adxuntar experiencias autobiográficas. O escritor denomina todo aquilo que escribe de texto xa que non sabería encaixalo nun xénero determinado. Considera a especialización como peza clave para conseguir un bo traballo xornalístico. Na terceira parte, de título igual ó do libro, Kapuscinski fai unha reflexión sobre o mundo contemporáneo. Analiza a situación de desigualda que sofren os países do Terceiro Mundo con respecto os desenvolvidos e a gran inestabilidade política vivida nos nosos días entre outros temas.

Remata cun epílogo onde o escritor polaco fala dos atentados do 11-M vividos en Madrid. Explica as razóns que levan a estes terroristas a realizar tales atrocidades que, como añade, acaban pagando a poboación civil.

Kapuscinski tráenos da man de Agata Orzeszek un libro clave para a biblioteca de todo xornalista, onde podemos apreciar unha nova forma de ver e contar o que sucede no mundo.

 Eugenia Castro Barros

Anuncios

Entry filed under: General.

A favor del placer – Manuel Vicent El Periodista Indeseable de Günter Wallraff

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


noviembre 2007
L M X J V S D
    Dic »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: