Crónica dunha morte anunciada

noviembre 29, 2007 at 5:11 pm Deja un comentario

“Nas miñas novelas non hai ningunha liña que non parta dun feito real”. Con esta afirmación conclúe unha entrevista o escritor colombiano Gabriel García Márquez, galardoado co Nobel de Literatura en 1982, e así nolo fai ver na súa sétima novela, tamén denominada relato breve pola súa extensión, Crónica dunha morte anunciada (publicada en 1981 e encadrada dentro do movemento literario do realismo máxico).

A obra conta o asasinato de Santiago Nasar a mans dos irmáns de Ángela Vicario, Pedro e Pablo, para vingarse polo agravio desta e limpar a honra da súa familia, xa que trala voda de Ángela con Bayardo San Román, este devólvea a súa casa na noite de vodas ó descubrir que non era virxe. Momento no que ela confesa quen foi o causante desa deshonra, polo que os seus irmáns deciden matar a Santiago e, a pesar de contarlle a todo o pobo o que ían facer, ninguén llo impediu ata que foi tarde e a vítima foi acoitelada ante a súa incredulidade.

Por incerto que pareza, na novela nárrase un feito real, que o autor xa coñecía desde o comezo, posto que era amigo de Santiago Nasar e estaba presente no pobo no momento do crime (de aí que coñeza todo sobre os protagonistas e actúe como narrador–investigador á vez que testemuña, xa que é o propio Gabriel García Márquez). O suceso ocorreu o 22 de xaneiro de 1951, no pobo de Sucre, onde vivían os pais do xoven xornalista e aínda inédito novelista García Márquez. O narrar un suceso real, no que el mesmo estivo presente, e o realizar a precisión de tódolos detalles(conta como foi a voda, o porqué do asasinato…) para o que realiza unha minuciosa investigación, debido a que recupera o sumario do xuíz instrutor, entrevístase cos protagonistas -inclusive cos asasinos e a nai da vítima- e realiza unha descrición pormenorizada do ambiente e dos feitos, fai que o nome de crónica sexa o adecuado posto que así reafirma a veracidade do mesmo e non hai mellor xeito de facelo que comezando a narrar a partir do feito noticioso (O día no que o ían a matar Santiago Nasar levántase as 5:30 da maña…).

Polo tanto, a obra é unha síntese entre xornalismo (obxectividade e precisión nos detalles e no tempo) e narrativa(perspectivismo e fabulación dos feitos), estruturada en cinco partes claramente diferenciadas nas que se narran as últimas 24 horas de vida de Santiago Nasar, así como a posterior autopsia e as entrevistas que o escritor mantén cos protagonistas anos máis tarde, ata 27 anos despois, que é cando decide escribir o libro e na que os temas que se tratan van desde a violencia, que implica o tema da honra (causa da vinganza que leva a cometer o asasinato), ata o humor que marca a distensión coa violencia e o macabro do crime, pasando por outros temas como a relixiosidade e o fatalismo ou destino tráxico do protagonista. Todos estes ingredientes fan do libro unha “crónica” ou novela brillante en pouco máis de cen páxinas.

David Fernández Mangana

Anuncios

Entry filed under: Reseña.

LA AMANTE EN GUERRA “Relato de un náufrago” de Gabriel García Márquez

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


noviembre 2007
L M X J V S D
    Dic »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: