César Casal: A pel do xornalismo

noviembre 29, 2007 at 10:19 am Deja un comentario

dibujo.jpgEste libro do xornalista Cesar Casal é unha especie de reflexión sobre un dos xéneros máis característicos do xornalismo: a reportaxe. Aínda que Casal non destaca polos seus reportaxes senón polas súas columnas de opinión en La Voz de Galicia, con Corazonadas, o xornalista galego achéganos un interesante estudio sobre a o mundo da reportaxe.

O columnista comeza o libro a modo de manual recollendo unha “marea de definicións” tanto de grandes figuras do xornalismo como Martínez Albertos, Lorenzo Gomís ou Martínez Sousa, como tamén de libros de estilo dalgúns xornais de tirada nacional e tamén galegos como ABC, El País ou La Voz de Galicia. Tamén se encarga de facer unha reflexión sobre o estado actual do reporteirismo expoñendo as súas virtudes pero tamén os seus aspectos negativos.

Para rematar a primeira parte do libro, Casal analiza as diferentes maneiras de facer reporteirismo. Comezando pola reportaxe en xeral, indicando os diferentes tipos segundo Martínez Albertos ou os diferentes estilos expostos por Martín Vivaldi. A continuación repasa o xornalismo de investigación poñendo como exemplo o omnipresente caso “Watergate”. Tamén destaca o xornalismo de precisión e o chamado novo xornalismo que está cobrando importancia. É o chamado xornalismo bonzo, sobre o que menciona ós impulsores desta nova maneira de facer reportaxes como foron Hunter S. Thompson ou Günter Wallraff.

Na segunda parte do libro, o xornalista tira máis cara a terra e fai unha especie de “multientrevista” entre os xornalistas galegos máis destacados do momento. Casal formula dous bloques de preguntas iguais para todos os colegas de profesión que van respondendo cada un na súa quenda, comentando aspectos curiosos como que necesita para escribir, anécdotas máis destacadas, a necesidade das fontes, etc. Entre os nomes podemos atopar a Xosé Luís Alvite, Anxel Vence, Manolo Rivas, etc. Ademais dun cuarteto de xornalistas novos que están a irromper con forza no mundo do xornalismo.

O escritor conclúe expoñendo que a reportaxe é un xénero moi difícil de definir pero que espera que nos puideran servir de algo as aportacións de grandes expertos no tema.

Jorge Lema Pombo

Anuncios

Entry filed under: Entrevista, Reportaxe, Reseña.

Territorio Comanche, Arturo Pérez Reverte Mentiras, viaxe dun xornalista á desinformación

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


noviembre 2007
L M X J V S D
    Dic »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: