A favor del placer – Manuel Vicent

noviembre 29, 2007 at 6:31 pm Deja un comentario

“Para que todo o universo quepa nunha columna de 66 líneas a 30 espazos é necesario desfacerse do que sobra: planetas, estrelas, galaxias, o vacío que existe entre elas co seu silencio de pedra pómez. Hai que quedarse só co esencial: coas grandes pasións que moven a alma dunhas formigas, coas horas infinitas que invirten os mortos soñando. Unha columna de xornal debe se-lo reloxo de area que filtre a memoria dese desexo que o lector sentirá mañá.” 

O aroma a café recén feito, o descanso dunha boa sesta, o sorriso dun neno ó marcar un gol, a sensación de levar zapatos novos, o tacto das toallas recén lavadas, unha mirada cómplice, unha posta de sol acompañado, a satisfacción do traballo ben feito, unha chamada inesperada…pequenos praceres do ser humano.

Manuel Vicent, columnista do diario “El País”, reúne en “A favor del placer” un conxunto de artigos de opinión  publicados no mesmo durante moitos anos. Con ingredentes para tódolos gustos, o filósofo e xornalista nos deleita cunha delicia culinaria de sabor amargo, salpicado de ironía e crítica mordente, e sazonado con inxenio e experiencia propia…perigoso para padales delicados.Vicent fai do seu “cuaderno de Vitácora para náufragos de hoxe” un percorrido polos temas abordados polos medios neste tempo, tratándoos sempre dende unha perspectiva metafórica. Así, fala do pararraios para aborda-lo tema do pudor da Igrexia Católica ou presenta un par de zapatos coma culpábeis dos a veces maquiavélicos comportamentos do ser humano.

Estuda a realidade filosoficamente, tratando de analiza-los problemas da nosa sociedade e rescata-lo noso dereito a ser felices.Esta atractiva viaxe xornalística, con importante carácter literario,  require calma e tempo para a súa lectura,xa que sería unha mágoa que  tantos matices singulares se perdesen por culpa dun atracón antes de ser prácidamente dixeridos. A vasta cultura clásica do autor levantino, o seu coñecemento de arte, política e historia, da lugar a citas desas que nunca se escapan da mente de quen ten a sorte de lelas. Nos fala do pracer coma algo demonizado, olvidado por esta sociedade que se desvive en busca de inxentes poderes que agachen dentro de nós esa sensación de culpa ó disfrutar das cousas supérfluas que nos fan sentir ledos. Éxito, ascensión social, riqueza…nos apartan do verdadeiro fin de ter nacido: vivir. 

 Sara Comesaña Doiro (2ºxornalismo-A)

Anuncios

Entry filed under: General, Reseña.

Nunca máis Galiza á intemperie, de Suso de Toro El mundo de hoy

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


noviembre 2007
L M X J V S D
    Dic »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: