Ryszard Kapuscinski, Un día más con vida

noviembre 28, 2007 at 12:18 pm Deja un comentario

25 de enero de 2007

“Ryszard Kapuscinski, denominado por algunos el padre del realismo mágico aplicado al periodismo y uno de los mejores reporteros del siglo XX, falleció ayer en Varsoviaa los 75 años como consecuencia de las complicaciones surgidas tras una operación a la que fue sometido el sábado pasado”

Lín isto no País dixital. Nunha librería vexo como un home lévase tódolos libros do xornalista (dificilmente pode camiñar tan cargado). Eu penso que é triste que un teña que morrer para que a xente se interese polas súas obras. O libreiro, lendo a miña expresión, dime que o home que levou os libros está enfermo terminal, que ten que estar pechado na casa e que por iso os comprou todos. Eu continuo a pensar o mesmo e marcho de alí.

Aloxado no Hotel Tívoli, Luanda, Kapuscinski relata os horreres da guerra de independencia de Angola, país no que estivo tres meses. Nesos tres meses presenciará a huída dos portugueses (que saben o que vai vir) e o desenvolvemento dunha guerra que convérsese, como case tódalas guerras de independencia do continente africano, nunha guerra de guerrillas desorganizada.O xornalista percorre as rúas desertas de Luanda e viaxa en furgoneta ó frente arriscando a súa vida … Pero tódolos noites hai conexión con Varsovia, e tódolos días a información viaxa polo espacio e chega a xente.

O libro é xornalimo no estado máis puro e persoal. Coñecemos a un Kapuscinski reporteiro, intrépido, asustado e realista. Hai xornalismo en cada parágrafo, en cada liña, porque o que se conta faise dende a perspectiva da xente e non só a dos partes de guerra que contan baixas.

Cando as cousas puxéronse feas Kapuscinski puido marchar pero non foi así, demostrando o seu compromiso xornalístico, tan forte como para esquecer o instinto natural de supervivencia que o levaría a coller unhas notas, sacar unhas fotos e saír correndo no primeiro avión a Europa.
No libro hai unha crítica implícita ás empresas da información que envían a xornalistas-paracaidistas ós países en guerra.  Non é posible comprender o que é morrer de sede sen saber que é ter sede nin cinco minutos, iso é o que Kapuscinski quere transmitir.

Pero, ¿Interesa a estas empresas pagar ós reporteiros para informar dos acontecementos do terceiro mundo?

¿Que vende máis, un titular sobre unha masacre no frente de Benguela ou miles de estadounidenses inocentes asesinados?

Por Ángela Liñares Pita

Anuncios

Entry filed under: General.

Los cínicos no sirven para este oficio Emilio Alonso, ¡Po! Diario dunha viaxe a Palestina

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


noviembre 2007
L M X J V S D
    Dic »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: