Los cínicos no sirven para este oficio

noviembre 28, 2007 at 11:43 am

           Sacrificio e estudo, son as máximas que Riszard Kapuscinski lle  atribúe o bo xornalista. Neste compendio de tres entrevistas o autor describe a realidade, non só do xornalismo, senón de todas as experiencias vitais que experimentou en países de Asia, África ou América Latina, e dá o mesmo tempo unha clase maxistral sobre a natureza actual da profesión.

          A obra presenta unha visión pouco alentadora sobre o futuro dos medios. Como xa sabemos, os medios de comunicación son tamén unha empresa que busca un beneficio económico. Deste xeito a realidade que prevalece hoxe en día é ese interese que rexe toda a actividade profesional. O feito de que os directores de prensa non sexan xornalistas inflúen negativamente na configuración das publicacións, que cada vez se orienta máis ao sensacionalismo. A sociedade, carente de cultura sobre a información e o seu carácter industrial, está desprotexida ante as manipulacións que os medios están dispostos a facer.

          O xornalismo ben practicado e entendido, con multiplicidade de fontes, pode contrarrestar esa tendencia e redistribuír novamente o poder ao tempo que dignifica a profesión.

          Xa que “é un erro escribir sobre alguén con quen non se compartiu polo menos un tramo da vida” Kapuscinski botou 22 anos investigando por países de tódolos continentes e predicando co exemplo do gran xornalismo, creando un vínculo de empatía entre protagonista, xornalista e o futuro lector. 

                                                                                                                            Alba Chao Vázquez

Anuncios

Entry filed under: Entrevista, Reseña.

Áfricas. Cosas que no pasan tan lejos Ryszard Kapuscinski, Un día más con vida


noviembre 2007
L M X J V S D
    Dic »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: