Emilio Alonso, ¡Po! Diario dunha viaxe a Palestina

noviembre 28, 2007 at 3:23 pm Deja un comentario

¡PO! Diario dunha viaxe a Palestina non é unha obra de consulta, nin unha referencia obxectiva e precisa do conflito que se vive en Oriente Próximo. Emilio Alonso trata de contar o que él viviu porque se aproxima ao que viven milleiros de palestinos a cotío. O relato de Alonso é por enriba de todo un canto á busca incesante da liberdade e ao mantemento da esperanza.  Emilio Alonso relata nesta obra as máis variadas sensacións e experiencias vividas durante a súa viaxe a Palestina. Despois de que varios nenos do campo de concentración de Al Fawar  visitasen Galicia no verán de 2002, o narrador sente a necesidade de pasar por aquela terra atraído pola fascinación que os cativos espertaron nel. O narración comeza coa chegada de Emilio a Tel Aviv, e irase conformando arredor dos movementos do xornalista por terras ocupadas ata chegar ao seu destino, Al Fawar.

O relato está plagado de subxectivismo: son as propias vivencias e emocións do autor as que van detallando a viaxe, as paradas, as cidades, os habitantes destas… Quizais deste xeito as impresións que causa no lector sexan máis fondas.

Frases curtas, un estilo directo, sinxelo e claro compoñen un relato delicado no que o máis impactante é a vida, a forza, a humanidade e especialmente a capacidade de loita que manteñen as miles de familias palestinas que sofren a ocupación israelí. Con multitude de referencias, topónimos, diálogos con ocupantes e ocupados, reproduccións de testemuñas, etc. Emilio consegue colocarnos na súa pel para vivir cada historia que chegaba aos seus oídos e para sentir a fe e ilusión palestinas a pesar da cruda represión.

A inclusión de fotografías dos nenos palestinos, das súas familias e, en definitiva, doutros moitos elementos do día a día nestas terras, acrecenta máis a sensación de unión, de proximidade co relato e co que nel se conta. A cámara semella estar colocada no lugar exacto, no momento axeitado para enfocar e captar aquilo que a nós podería impactarnos se estivesemos nese mesmo lugar, no instante preciso. Dásenos a posibilidade de chegar a maxinar que puideron ser os nosos ollos e non os do autor os que visen todo aquilo.

            O conflito palestino-israelí é un asunto do que xa se leva falado moito e que na actualidade parece esquecido ou relegado a un segundo plano, a pesar de que no seu día foi escenario de comunicación e unha realidade seguida de xeito amplo no ámbito xornalístico. Xa pasaron cinco anos dende a viaxe de Emilio Alonso á Palestina, nembergantes, este diario parece do máis actual. Os palestinos seguen sen terra, sufrindo as humillacións e barbarie sionistas e aglutinados nun campo de concentración no medio do deserto.

 

            Ana Moledo Pouso

Anuncios

Entry filed under: General.

Ryszard Kapuscinski, Un día más con vida Eugenio Madueño e Bru Rovira: 35 días en China. El despertar del Dragón

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


noviembre 2007
L M X J V S D
    Dic »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: