César Casal, A pel do xornalismo

noviembre 28, 2007 at 5:06 pm Deja un comentario

O columnista de La Voz de Galicia fai neste exemplar un percorrido polo mundo do reporteirismo. Para iso, divide o libro en dúas partes, unha primeira na que recolle a súa visión sobre o xénero da reportaxe, e unha segunda na que escolle a unha serie de xornalistas para que falen en primeira persoa do xénero en cuestión.

O propio xornalista, fai unha reflexión sobre os aspectos negativos e positivos da reportaxe. Defínenos o que é a reportaxe botando man de diccionarios e de libros de estilo dos medios de comunicación. Fálanos tamén, da clasificación da reportaxe segundo Martínez Albertos, Martín Vivaldi e Llorenc Gomis. A continuación, Cesar Casal segue coa diferenza entre o xornalismo de investigación e o de precisión para chegar finalmente, o novo xornalismo (tamén chamado xornalismo bonzo).

No seguinte bloque, Casal recolle unha entrevista feita a destacados profesionais do xornalismo galego e pídelles (nunca mellor dito) que contén en “propia pel” como empezaron eles no mundo do xornalismo, se lle ven futuro ó novo xornalismo, aconsellan a futuros xornalistas sobre como deben facer a reportaxe, entre outras cuestións. O xornalista fai un verdadeiro traballo de investigación xa que non se centra no que el pensa sobre o reporteirismo senón que contrasta a súa opinión con xente da profesión; chegando incluso, a poñer as citas textuais en moitas das repostas. Facendo máis amena a lectura, xa que non se centra só en dar datos.

É necesario facer fincapé na linguaxe empregada, xa que destaca pola súa sinxeleza e claridade. Isto, fai que calquera persoa, aínda que non este relacionado con este campo, a comprenda.

Merce Rey García

Anuncios

Entry filed under: Entrevista, Reportaxe.

Eugenio Madueño e Bru Rovira: 35 días en China. El despertar del Dragón Españois todos, Suso de Toro

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


noviembre 2007
L M X J V S D
    Dic »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: