Áfricas. Cosas que no pasan tan lejos

noviembre 28, 2007 at 11:34 am

          Bru Rovira trasládanos neste libro, dun xeito claro e directo, as súas vivencias como reporteiro en distintos países do continente africano.

          Non se trata do típico libro en forma de diario. O autor vainos contando as súas experiencias persoais á vez que introduce información histórica sobre o tema que narra para que o lector poida comprender  todo. Tamén aparecen citas doutros autores así como a correspondencia que mantivo cunha moza africana á que coñeceu nun dos seus viaxes. Estes elementos contribúen a dar sensación de proximidade. O libro está estruturado a través de catro grandes partes, dedicada cada unha delas a un país, e que a súa vez se dividen en varios capítulos. Sur Sudán, Somalia, Liberia e Ruanda convértense nunha realidade da que o lector non se pode evadir.

          O propio título do libro Áfricas. Cosas que no pasan tan lejos invita a facer unha reflexión sobre a nosa actitude cara ese continente. Como  Rovira explica na introdución sobre a nosa relación con África, trátase de “…un sentimiento no admitido de que es preferible ignorar lo que no podemos soportar”. Pero neste libro non se pode ignorar a realidade. En moitas ocasións amósase demasiado dura, forte, impactante. Pero todo é real. Guerras e loitas raciais que parecen pasadas de moda en occidente están a orde do día nestes países. O emprego dunha linguaxe clara e coloquial inda axuda máis a que o lector se traslade ata o continente negro, ese gran descoñecido para nós.

         En definitiva, a experiencia vital e non unicamente a xornalística de Bru Rovira serven tanto para entreter ó lector como tamén para conciencialo sobre o que realmente ocorre non tan lonxe de nós. 

                                                                                                     Andrea Carcacía Hermilla

Anuncios

Entry filed under: General, Reseña.

Maruja Torres, La amante en Guerra Los cínicos no sirven para este oficio


noviembre 2007
L M X J V S D
    Dic »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: