Eugenio Madueño e Bru Rovira: 35 días en China. El despertar del Dragón

noviembre 28, 2007 at 4:35 pm Deja un comentario

Eugenio Madueño e Bru Rovira relatan en trinta e cinco crónicas a súa viaxe a China en 1995, publicadas no xornal barcelonés La Vanguardia. Os dous reporteiros fuxen das zonas deseñadas para turistas estranxeiros e adentránse na vida cotiá da poboación chinesa, coñecendo a realidade existente alén da imaxe oficial creada por Pekín.

Da capital política e cultural até a cidade Urümqi, nos desertos do occidente chinés, os reporteiros percorren, crónica a crónica, un país marcado polas feridas da Revolución Cultural, o Gran Salto Adiante e a matanza de Tiananmen. Entran en contacto coa dureza da vida rural, os problemas da planificación familiar, a pobreza, as migracións masivas cara as cidades e outras moitas peculiaridades da sociedade chinesa, mestura de confucianismo, maoísmo e capitalismo.

Nestes textos de hai xa doce anos agroman algúns problemas que hoxe son de máxima actualidade na República Popular: a destrución do medio ambiente, a corrupción política, as cada vez maiores diferenzas entre o campo e a cidade ou a incoherencia entre o sistema económico e o político. Após estes anos Hong Kong e Macau voltaron á soberanía chinesa, a Presa das Tres Gargantas comeza a ser realidade, cambiamos a Deng Xiaoping por Hu Jintao pasando por Jiang Zeming e a disparidade campo-cidade converteuse no principal tema de debate no XVIII Congreso do Partido Comunista Chinés (PCCh).

A pesar do paso do tempo estas crónicas continúan a ser un bo xeito de coñecer cal é a realidade social chinesa alén da imaxe oficial.

Santiago Agra Bermejo

Anuncios

Entry filed under: Crónica, Reseña.

Emilio Alonso, ¡Po! Diario dunha viaxe a Palestina César Casal, A pel do xornalismo

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


noviembre 2007
L M X J V S D
    Dic »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: