Mujer en guerra, Maruja Torres

noviembre 27, 2007 at 8:48 pm Deja un comentario

“Casi una biografía”, frase que acompaña ao título do libro da xornalista catalana. E así é. Maruja Torres fai un percorrido desde que se iniciou na práctica xornalística no 1964 no xornal La Prensa  escribindo unha serie de crónicas de xuventude na etapa franquista, ata o ano 1998 no que comezou a escribir o libro, mesmo ano no que tivo que abandonar as viaxes a países en conflicto en calidade de reporteira debido a unha doenza nas rótulas.

 O libro divídese en 15 capítulos independentes que conteñen experiencias da autora en distintos países e momentos da súa vida. Emprega a técnica circular, debido a  que a historia comeza e acaba no mesmo punto: a viaxe a Beirut da xornalista no 1998.

O estilo é o propio de Maruja Torres, un estilo irónico, sarcástico e por veces humorístico, mais sempre ben coidado.

 Muller intrépida e inconformista, Maruja Torres recoñece ter chegado a converterse nunca xornalista-comodín e autodidacta grazas á casualidade e á sorte, unidas as súas ansias de cambiar un destino que nunca aceptou.

 “Mi compañero, mi amor, mi amigo, mi maestro y mi juez a lo largo de esta aventura se llama periodismo”. A autora non vacila en afirmar que non se ve a si mesma facendo outra cousa, a pesar de que nun inico nunca se imaxinara exercendo de xornalista debido a que nunca cursou ningún tipo de estudos. Non obstante, a súa universidade foron a vida mesma e os anos de experiencia. As viaxes a países en conflito, a súa incursión no chamado xornalismo Bonzo ou mesmo as etapas nas que lle tocou vivir conforman unha carreira que a sitúa como un dos pilares do xornalismo español. Imprescindible.

 

Elena Ramos Garea

 

Anuncios

Entry filed under: General.

Áfricas La caza de brujas en Hollywood de Román Gubern

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


noviembre 2007
L M X J V S D
    Dic »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: