Áfricas

noviembre 27, 2007 at 8:19 pm Deja un comentario

africas_bru-rovira_libro-onfi128.jpg

 

Bru Rovira é reporteiro de “La Vanguardia”.  Neste diario, especialízase na reportaxe, combinando as de temática social, local e internacional. Escribe sobre cambios en países coma Polonia ou URSS e cubre guerras en Bosnia ou Kosovo. Áfricas é todo un éxito editorial. Narra os desastres acontecidos en Ruanda e a problemática de diversos países coma Somalia, Sudán ou Liberia. Trátase dunha crónica xornalística sobre o abandono do continente. O xenocidio, exércitos de nenos, enfermidades, miseria, violencia ou impotencia son o escenario onde se move Rovira. Este non afonda na política. Quizais unha forma de minimizar algo tan grandilocuente, responsable de todo. O catalán é xornalista, pero ante todo humano. Transmite a súa interese, vivencias directas e proximidade e axuda aos desgraciados protagonistas.  Esta humildade tamén chega aos lectores gracias ao seu rexistro coloquial. Claridade, sinxeleza, precisión, rigor. Pide a berros a concienciación. A nosa concepción non debe quedar en cifras. Áfricas colorea imaxes, ofrece nomes e vidas, realidades. Monicreques en mans dos señores da guerra.“Con frecuencia, presentamos aos que sofren como seres molestos, para apartar a idea de que algo semellante pode ocorrernos a nós, como xa nos sucedeu no pasado. Así é o sentimento que preside a nosa relación con África. É preferible ignorar o que non podemos soportar, pois de sabelo, non nos soportariamos a nós mesmos”

Así é Bru Rovira, corpo e alma dun xornalista para o mundo. Así e Áfricas, cousas que non pasan tan lonxe.

Rocío Álvarez García  

Anuncios

Entry filed under: General, Reseña.

El alma de África Mujer en guerra, Maruja Torres

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


noviembre 2007
L M X J V S D
    Dic »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: