Medo e asco nas Vegas

noviembre 24, 2007 at 11:17 pm Deja un comentario

lonxe de min recomendarlle ao lector drogas, alcol, violencia e demencia. Pero debo confesar, que, sen todo esto, eu non sería nada” 

Esta frase, do propio Hunter S. Thompson, serve perfectamente para adentrarse no universo de Medo e Asco… que segue a viaxe do propio autor (baixo o seudónimo de Raoul Duke) e do seu avogado Óscar Acosta ( co seudónimo dr. Gonzo) rumbo ás Vegas, co propósito de cubrir unha carreira de motocross, ademáis de cubrir unha cumbre de narcóticos para a Rolling Stone. Todo esto queda nunha anécdota, xa que axiña as circunstancias que rodean ao feito noticioso superan en interese á noticia en si, ao converterse a súa viaxe para a cobertura da carreira nunha explosiva travesía na que, totalmente drogados, recorren boa parte de EEUU para, unha vez nas Vegas,  proseguir con unha narración trepidante de numerosos incidentes totalmente surrealistas mentres seguen consumindo incribles cantidades de droga, provocando o caos máis absoluto e escandalizando a toda a cidade.

 Íbamos na cresta dunha ola alta e maravillosa…e en, menos de cinco anos despois podías subir a un cerro das Vegas, e, se tiñas vista suficiente, podías ver casi a línea que sinalaba onde a ola finalmente rompeu e comezou a retroceder” 

A brillantez da técnica narrativa de Thompson e a descripción excelente que fai da súa viaxe non debe impedir analizar o fondo da reportaxe. Temos que analizar Medo e Asco… como o epílogo á xeneración Beatnick, que a comezos dos 60 iniciaron unha viaxe psicodélica buscando respostas a través das drogas (e que teñen coma manifesto inagural a novela de Kerouac “No Camiño”) e que a mediados dos 60 evolucionou  na xeneración hippies, coa súa trinidade sexo-LSD-rock. (da que fai un excelente retrato Wolfe en “Ponche de ácedo lisérxico”)

A través de todo o libro asistimos, a través da mirada alucinada de Thompson, ao derrubamento dos mitos máis arraigados hippies ( “ a nosa conduta non quería demostrar ningún principio sociolóxico trarnscendente, nen siquiera coma burla consciente: basicamente era cuestión de estilo de vida, un senso do que era obligado e incluso do deber”) e tamén, inevitablemente, á destrucción dos manidos tópicos do sono americano, ao escachar todo o que o capitalismo quixo construir ao longo dos anos.

  

                                                                                                                     Javier Rey Veloso

Anuncios

Entry filed under: Reportaxe.

Sangue e literatura El periodista indeseable

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


noviembre 2007
L M X J V S D
    Dic »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: