LOS CÍNICOS NO SIRVEN PARA ESTE OFICIO. RYSZARD KAPUSCINSKI

noviembre 24, 2007 at 6:19 pm

Kapuscinski déixao claro neste libro “nuestra profesión no puede ser ejercida correctamente por nadie que sea un cínico (…) Naturalmente, aquí estamos hablando sólo del gran periodismo, que es el único del que vale la pena ocuparse”. O ilustre correspondente engade como outro requisito esencial o de ser boa persoa para ter a capacidade de poñerse no lugar “dos outros”. Neste breve libro recóllense entrevistas feitas ao famoso reporteiro nas que  demostra ser unha persoa directa e sen prexuízos. Malia isto, o certo é que non se evitan temas recorrentes como a integridade do profesional, a denigración da información polo negocio e espectáculo ou que o xornalismo se trata dunha profesión na que é imprescindible o sacrificio e o estudo (excluíndo, obviamente, “os intrusos” que aparecen canda o espectáculo). Este libro non trata directamente as experiencias do reporteiro senón que é o propio Kapuscinski quen narra certos acontecementos para, a través deles, dar a súa opinión do mundo e da figura do xornalista. Non é un libro especialmente revelatorio sobre a figura do falecido xornalista pero si dá algunhas chaves que nos axudan  a comprender como traballou durante a súa vida e que cuestións considerou fundamentais no exercicio da profesión.Esta obra non atraerá aos fieis do reporteiro pero pode servir para alentar á lectura de outras das súas obras a  persoas que aínda non o descubrisen. Porén, estes tamén concibirían o cara a cara con John Berguer do final como un recheo do libro.            

 María Tania Alonso González 

Anuncios

Entry filed under: Reseña.

Un día más con vida Ryszard Kapuscinski-La guerra del fútbol


noviembre 2007
L M X J V S D
    Dic »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: