Isla África, Ramón Lobo

noviembre 23, 2007 at 10:22 pm Deja un comentario

Este libro de Ramón Lobo, conta a historia de Carlos Bota, un corresponsal de guerra, e de Sincero del Corral, un fotógrafo, que se coñecen na guerra de Serra Leona. É neste lugar onde se atopa “Isla África”, un vello caserón cercano a Freetown onde Carlos Bota e Sincero del Corral, pasarán grandes momentos ao longo da historia. Despois de moitas guerras xuntos, formando un grande equipo, a Carlos Bota diagnostícanlle un cancro terminal, e é a partir de aquí cando ambos xornalistas se quedan en “Isla África”, pasando grandes momentos cos nenos exguerrilleiros, ata a tráxica morte de Carlos Bota no ano 2000. Ao longo de toda a historia, ademáis de contar as guerras nas que estiveron e a súa experiencia, cóntasenos a vida persoal e sentimental de cada un dos protagonistas: as súas mulleres, os seus romances…É unha interesante historia na que entra en xogo o mundo do xornalismo.

O autor, escribe todo o libro en pretérito imperfecto, con frases cortas e cun vocabulario simple que pode ser entendido por todos os lectores. O libro non segue unha orde cronolóxica, senón que a medida que avanza a obra adiántanos acontecementos que ocorreran no capítulo seguinte. Mediante o seu estilo, consegue darlle á obra un ritmo ameno pero non moi rápido que permite profundizar ben na lectura.

O libro de Ramón Lobo xira arredor do xornalismo, dende o seu comezo, ata o seu final, ademáis de que os seus protagonistas son xornalistas. Por un lado, Ramón Lobo amosa as dificultades que pode chegar a ter un xornalista á hora de atopar un traballo cómodo, e os sufrimentos e as vivenzas que se ten que pasar”. Ademáis, dende o meu punto de vista, a obra aporta unha visión moito mais realista da que algunhas persoas teñen acerca da profesión, amosando que non só a fama e o diñeiro se move neste traballo, senón que amosa unha grande dureza na vida das persoas: alonxarse da familia, dos amigos, da xente á que queres…Na obra refléctese moi ben o verdadeiro xornalismo, un xornalismo no que a vocación é o que conta. Por outro lado, amosa que xornalismo non só é sair nos medios de comunicación, senón informar do que ocorre no mundo enteiro e non únicamente en determinados lugares. Creo que a obra tamén inflúe na denuncia da marxinación dos países africanos, que actualmente non se poden ver nos medios de comunicación, e é un dos continentes onde ocorren as noticias máis espeluznantes de todas. Habitualmente prodúcense asasinatos, violacións… é o continente máis pobre do mundo e nós non lle damos importancia. A obra denuncia tamén que os altercados que podan ocorrer deben de aclararse mediante o diálogo e non mediante a lei do máis forte. Finalmente, a obra, dende o meu punto de vista, amosa a grande profesionalidade coa que os xornalistas deben de traballar, xa que un mínimo detalle, pode provocar un grande altercado. Asimesmo, na obra amósase a técnica clara coa que deben de traballar os xornalistas.

En canto á valoración crítica, creo que o libro de Ramón Lobo, é unha xenial obra sobre o xornalismo e, sobre todo, acerca da amizade. Dende o seu comezo ata o seu final, Ramón Lobo inclúe na obra rasgos característicos do xornalismo.

Parece que a obra, está baseada nun feito real que lle ocorreu ao propio autor, ou ben a un amigo. Isto pode observarse nas referencias que o autor fai a personaxes da vida real coma por exemplo o xornalista Bru Rovira. Sen máis, recomendaría a obra a todo aquel que lle interese saber algo sobre o traballo dos xornalistas.

David Teijeiro Prado.

 

Anuncios

Entry filed under: Reseña.

Música para camaleones, Truman Capote Un día más con vida

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


noviembre 2007
L M X J V S D
    Dic »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: