El mundo de hoy – Ryszard Kapuscinski
noviembre 22, 2007 at 3:29 pm xenerosa Deja un comentario
“El mundo de hoy” non é unha obra de Kapuscinski propiamente dita, senón que se trata dunha composición realizada por Ágata Orzeszek partindo de fragmentos de varias das súas obras.
A autora divide o libro en tres partes: “Mirando hacia atrás sin ira”, “”Periodismo y literatura” e “El mundo de hoy”.
Na primeira delas (Mirando hacia atrás sin ira) o propio Kapuscinski reflexiona sobre a súa nenez e a influenza das súas experiencias persoais no seu traballo como reporteiro, facendo especial fincapé nas penurias sufridas durante os anos da Segunda Guerra Mundial, e nos seus primeiros traballos coma correspondente en Oriente.
Na segunda parte do libro (Periodismo y literatura) Kapuscisnki realiza unha reflexión, en base á súa experiencia profesional do que para el é ser bo xornalista, e sobre todo sobre a importancia de coñecer o lugar sobre o que estamos a escribir , abríndose a outras culturas e evitando, na medida do posible, ser vítima dos prexuízos.
Isto débese a que o propio Kapuscinski síntese incapaz de facer diferenzas entre os traballos de xornalista , escritor e reporteiro. Para el, a súa é unha labor de “tradución” entre as diferentes culturas.
A terceira parte da obra (El mundo de hoy) é unha reflexión profunda sobre a situación do mundo contemporáneo desde diferentes puntos de vista (política , historia..).
Nela o autor abrangue varios temas, mostrándose especialmente preocupado pola inestabilidade política da maioría dos países, a situación de crise na que se atopan moitos estados, a crecente repercusión das guerras sobre a poboación civil, o imperialismo estadounidense , etc
Finalmente Orzeszek realiza unha selección de textos de Kapuscinski nos que este analiza con preocupación a situación de África , América Latina, a súa Polonia natal, etc. Cabe destacar tamén que o libro leva por epílogo unha reflexión do autor sobre os atentados do 11 de Marzo, que utiliza para reafirmar a súa teoría de que a poboación civil é a principal afectada pola guerra moderna.
Cristina Castro Fernández
Entry filed under: General.
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed