El héroe inexistente

noviembre 21, 2007 at 5:08 pm Deja un comentario

El héroe inexistente de Ramón Lobo é unha recopilación de reportaxes que o autor narra dende a súa perspectiva de corresponsal de guerra. Bosnia-Herzegovina, Servia, Kosovo, Chechenia ou Irak son algúns dos escenarios nos que Ramón Lobo se adentra para relatarnos a través das vivencias da xente a miseria, as inxustizas, o poder, a pobreza, as guerras…

Ramón Lobo implícase de cheo no relato para narrarnos as peripecias do reporteiro de guerra baixo a súa propia visión. Así mesmo, fala dos avatares que rodean esta profesión, reflexionando sobre varios aspectos que lle fan recapacitar sobre o seu traballo, buscando o verdadeiro significado da palabra reporteiro. Ademáis o lector pode ler algunhas das reportaxes publicadas no xornal El País, no que Ramón Lobo exerce de xornalista.

“Cuervos que observan, cuervos que escriben”, “Cajas que acuden a sumergirse en historias ajenas que ayudan a comprender y explicar; un ejército de intermediarios entre el horror y la ignorancia que buscan el significado de palabras: miedo, hambre, agua, amigo, memoria, muerte”.

“Mi trabajo consiste en escribir su historia, pero nunca darle el dinero “ di Ramón despois de tomar a decisión de non implicarse no caso de Sabina, unha nena enferma de leucemia á que podía salvar da morte con tan só 10.000 marcos, xusto o diñeiro co que contaba para informar durante un mes dende Bosnia.

A espectacularidade dos medios de comunicación fronte a honestidade e tratamento da información, a polémica de crear opinión ó informar, a ansia de aventura dalgúns corresponsais e o seu ego que antepoñen a súa persoa ó traballo, “a volta ó mundo real” e as súas consecuencias… son temas sobre os que Lobo reflexiona dende o espíritu crítico que lle dotou a súa propia experiencia.

Manual de instrucción para reporteiros novatos, El héroe inexistente, como o seu propio nome indica, desmitifica a figura do corresponsal, dotándoa de unha dosis de humildade, que a fai distinta.

O autor di que este libro é tan só unha viaxe a través dunha decepción: “comprobar que el trabajo de periodista no salva personas; sólo pone nombre a los muertos y a los vivos”.

Alba Silva Rodríguez

Anuncios

Entry filed under: Reportaxe, Reseña.

El mundo de hoy. Kapuscinski El periodismo es un cuento

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


noviembre 2007
L M X J V S D
    Dic »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: