El mundo de hoy. Kapuscinski

noviembre 20, 2007 at 4:23 pm Deja un comentario

El mundo de hoy conforma unha brillante escolma de textos do prolífico escritor e xornalista polaco Ryszard Kapuscinski da man da súa traductora Agata Orzeszek.

Libro que sumerxe ó lector nunha verdade  de feitos que determinaron o rumbo da historia contemporánea; todo isto a través dunha actitude subxectiva pero profundamente comprometida coa realidade multicultural á que o mesmo Kapuscinski se enfronta nun periplo de intensas viaxes que configura a súa experiencia vital.

 

A dispoción tripartita da obra estructúraa en temáticas diferentes cunha máxima que a vertebra: conciencia e actitude de cambio fronte as inxustizas do mundo.

Na primeira parte de El mundo de hoy o autor fai mención a súa infancia en Polesia; hoxe Bielorrusia, nun deambular continuo entre fronteiras no periodo da 2ª Guerra Mundial que fai desenvolver o seu instinto de supervivencia; a súa andanza na Oficina de Prensa Polaca lle dá a oportunidade de exercer o reporteirismo en  países do Terceiro Mundo como África, Asia ou Latinoamérica. Kapuscinski ilustra nos seus relatos a dificultade do exercicio da profesión de xornalista en circunstancias de precariedade.

O xornalismo e a literatura danse paso no segundo bloque onde salienta a especialización e o adoutrinamento do xornalista como elementos necesarios para o seu traballo; un labor gregario que socava diversos estratos da realidade perceptible para fundirse nun único entendimento recíproco que permite equilibrar e seleccionar a información. Kapuscinski atende meticulosamente ó ritmo da palabra dotando de musicalidade ó que el chama “textos” e que en realidade engloban poesía e unha variada actividade prosística.

A terceira parte de El mundo de hoy, con titulo homónimo, conxuga politica e historia nuha profunda reflexión sobre o mundo contemporáneo centrada principalmente na situación dos paises subdesenvolvidos e na desigualdade inscrita na estrutura da humanidade. Ó longo deste capitulo o xornalista polaco tenta amosar a incapacidade de abarcar o mundo nunha dimensión cultural debido ós cambios no panorama político dos diferentes estados. Fai mención ós atentados terroristas islámicos do 11-S e 11-M e como estos conduciron ó replantexamento e á análise da validez da burbulla na que está inmersa a sociedade occidental.

Nesta escolma de conferencias, libros, entrevistas e ensaios de Ryszard Kapuscinki móstrase cun estilo áxil e nídio o ideal de xustiza que responde a unha perceptiva honrada e rigorosa da profesión xornalistica dun dos pintores narrativos máis brillantes do século XX.

  

Marta Casal Domínguez.

Anuncios

Entry filed under: General.

A sangre fría de Truman Capote El héroe inexistente

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


noviembre 2007
L M X J V S D
    Dic »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: