A reportaxe de prensa en Galicia

noviembre 13, 2007 at 12:08 pm

“A reportaxe é un dos pulmóns –a vida- do xornalismo de fin de século”. Así comeza este libro de Xosé López, unha lixeira ollada ao xénero xornalístico con máis forza e personalidade. En breves capítulos podemos facernos unha idea xeral dos trazos máis salientables que caracterizan á reportaxe, o traballo investigador que implica, os pasos que cómpre seguir na súa elaboración, o peso da visión persoal do reporteiro e especialmente eses riscos que fan que a reportaxe fique nun limbo entre o xornalismo e a literatura, tomando o mellor de cada parte (feitos e estética, por exemplo). A obra tamén posúe un pequeno capítulo dedicado á reportaxe galega dos últimos 70 anos, con abondas referencias sobre autores e publicacións.

Na terceira parte atoparemos unha interesante escolma de reportaxes de Manuel Rivas, César Casal, Xan Carballa e Mónica Sabbatiello, ademais de dúas entrevistas cos dous primeiros nas que podemos ver como é a forma de traballar destes xornalistas sobranceiros. Aínda que sexa por curiosidade, recoméndovos que lle botedes unha ollada ás reportaxes de Rivas, en particular Esclavos del Gran Sol, na que con grande axilidade, rudeza e á vez tenrura, relata como son as condicións de vida e traballo neste caladoiro, solapando ampla información con pequenos retrincos das súas vidas.

Moisés B. Martínez Carreiro

Anuncios

Entry filed under: Reportaxe, Reseña.

“un hombre” Territorio Comanche, Arturo Pérez-Reverte


noviembre 2007
L M X J V S D
    Dic »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: