MAUS Art Spiegelman
Junio 28, 2008
A obra de Spiegelman é un bo ejemplo para amosar a valía da banda deseñada cando se tratan temas tan relevantes e ásperos como o do holocausto nazi. O discurso xornalístico é fundamental nesta novela gráfica, na que Art Spiegelman conta a historia dos seus pais, xudeus polacos durante a II Guerra Mundial en Auschwitz.
En MAUS mestúranse os recursos estilísticos e narrativos tradicionais no cómic con metáforas e alusións que chaman a atención do lector como a caracterización dos personaxes reais como ratos, gatos e outros animais. O relato é secuencial pero nel entremézclanse flashbacks que ilustran os recordos do pai.
O máis característico ou sorprendente en MAUS é capacidade de síntese do autor, que conta a historia dende o punto de vista do seu pai, relatando o que él mesmo lle conta e aportando a opinión doutros suxeitos. A obra máis aló de describir a barbarie dos campos de exterminio nazis, fai un retrato concreto da personalidade e vida de quen os viviron, antes e despois do seu paso por estes lugares. Isto non acontece noutras publicacións que se centran no tema, Art Spiegelman ve a necesidade de ilustrar as consecuencias deses feitos determinados na vida dos seus proxenitores.
O realismo nas imaxes e o seu grande poder descriptivo compleméntanse extraordinariamente co texto ata o punto de que o lector atópase moitas veces mergullado completamente na historia sen se decatar.
A radicalidade narrativa da obra é o que a fai única, quizais por esta razón obtivo o primeiro premio Pulitzer outorgado a un cómic.
Ana María Moledo Pouso
Entry Filed under: General. Etiquetas: Add new tag.

Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed