Relato de un naufrago

Junio 24, 2008

Relato de un Naufrago demosta a perfecta conxugación que Gabriel García Márquez fai do xornalismo e a literatura, motivada en parte pola orixe da obra na  recapitulación dun traballo xornalístico.

Literatura e xornalismo teñen sido dous xéneros que os teóricos tenderon a diferenciar, malia a evidente relación existente entre ámbolos dous. Márquez sempre insistiu en que a literatura non é unha evasión da realidade na procura da mera beleza estética, senón que busca unha transposición poética da realidade. Este postulado é posto en práctica polo autor, non só nesta obra, senón o longo de boa parte da súa obra.

A conxugación das dúas disciplinas consegue que as súas obra resulten comprensibles, amenas e atrapantes. Dunha banda, a claridade e concisión xornalística favorece o seguimento do fío argumental, doutra, os xiros novelísticos evitan a dispersión.

É unha gran lectura para iniciarse no mundo da literatura e fomentar o hábito da lectura, gracias a familiaridade de proporciona o estilo reportaxeado.

Esta obra supuxo un punto de inflexión na vida profesional e persoal de Garcia Márquez pola problemática política que levantou a publicación e as posteriores reseñas.

Alba Chao.

Entry Filed under: General. .


 

Junio 2008
L M X J V S D
« May   Jul »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Arquivo

a

Blogroll