Experimentando tamén se aprende
Junio 24, 2008
Ata aquí chegou este experimento que foi o blog. Supoño que as expectativas iniciais non se cumpriron e o que pretendía ser unha páxina aberta a máis xente converteuse nun baúl privado onde gardabamos as nosas reseñas. Así é todo, quero agradecer a todos aqueles que puxestes interese e traballo neste proxecto que seguramente seguirán o ano que vén (ou así me gustaría). Nós fomos os primeiro e iso xa é importante, agora outros aprenderán dos nosos erros e acertos. Novamente grazas e desculpas se houbo algún erro ou retraso por parte dos que levabamos os mails. Moi bo verán a todos e lembrade que este baúl segue aberto así que, para aqueles que vos animedes e teñades interese, seguide subindo as reseñas daqueles libros que vos chamen a atención.Un saúdo.
Ricardo Saavedra Seoane
Entry Filed under: General. .
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed