Archive for 19/06/08
El Periodismo canalla y otros artículos-Tom Wolfe
Observación e análise. Estas parecen ser as señas de identidade que caracterizan a Tom Wolfe. En el periodismo canalla y otros artículos, estes conceptos que o home de branco segue a rajatabla son ben evidentes.
Ao longo da obra, Wolfe centra a súa atención no constante cambio da sociedade norteamericana.
Dende o snobismo da nova clase obreira, á caída da integridade moral reflectida no artigo que trata as practicas sexuais nas escolas estadounidenses.
Toda esta realidade sintetízaa no artigo “En el país de los marxistas rococó”. Nel recolle as “fazañas” e conquistas estadounidenses durante O Primeiro Século Americano, que como Wolfe argúe deixa en simples minucias ás do Imperio Romano.
Pero Wolfe tamén ten un oco para os seus coetáneos e compañeiros de profesión, neste caso John Updike, Norman Mailer e John Irving, que tras a publicación de Todo un Hombre iniciaron unha campaña de desprestixio do libro. Wolfe, con “Las tres comparsas”, demóstranos que a súa mellor arma é a palabra escrita, nun verdadeiro exercicio de crítica destes tres autores, pero ao mesmo tempo mantendo esa elegancia que o caracteríza. E é esta elegancia, pero ao mesmo tempo mordacidade, e capacidade de análise o que nos atrae do pai do Novo Xornalismo.
M.Cristina Pereiro Paz
Junio 19, 2008
Moteros tranquilos, toros salvajes.La generación que cambió Hollywood
En Moteros tranquilos, toros salvajes. La generación que cambió Hollywood, mistúrase unha convulsa época histórica caracterizada polos hippys e os movementos contracultural florecentes e o reflexo que todo isto tivo na creación artística do momento,cargada de “liberdade” e espiritualidade dende a óptica dos novos cineastas, produtores e actores que cambiaron a concepción do cine arrastrado polos intereses mercantís eque
deron paso a unha nova etapa creativa.
Peter Biskind recolle no libro historias e personaxes que marcaron unha nova época no cine, o Novo cine americano, que pretendía afastarse das multinacionais para dar máis liberdade creativa aos directores.
Pero sobre todo, o libro, centrase nos aspectos máis polémicos daqueles protagonistas, nas súas historias persoais e na súa evolución dentro desa maquina de facer cartos na que se convertera o cine. A través da psicótica figura de Dennis Hopper, dos arrebatos de megalomanía de Coppola, do adulterio enfermizo de Peter Bogdanovich….Biskind achéganos en certa medida a degradación persoal que acompañaba ao éxito profesional. Presenta a persoa detrás da figura.
Todo isto recólleo o autor ao longo de máis de 600 apaixonantes páxinas. Pois se unha cousa caracteriza ao libro é o interese e a curiosidade que nos desperta. Biskind logra captar a atención do lector ao longo de toda a obra. En parte, gracias a uns personaxes que xa forman parte da nosa historia, pero tamén grazas ás alternancias de testemuñas dos protagonistas das historias e os diferentes puntos de vista que presenta para o mesmo tema, algo que lle aporta unha gran axilidade e interese á obra, máis que se se tratasen as historias cunha única visión dos feitos.
En definitiva, Moteros tranquilos, toros salvajes, recolle a historia detrás da Historia( con letras maiúsculas) que se deu durante uns anos tremendamente rupturistas e orixinais, pero tamén, e moi a miúdo, demasiado idealizados.
M.Cristina Pereiro Paz
Junio 19, 2008
Bye bye Hong Kong (Manuel Leguineche)
Neste libro formúlase o vello problema da descolonización. Leguineche amósanos Hong Kong, illa chinesa que durante máis de cen anos ficara en mans británicas após os conflitos derivados do tráfico de opio que os occidentais potenciaran na rexión. No ano 1997 a colonia debe volver a mans de China, convertida agora nun estado nominalmente socialista se ben na práctica de capitalismo salvaxe por mor das reformas de Den Xiaoping. Leguineche amosa así os derradeiros días dunha época na illa denantes de se reintegrar na Gran China, pondo de manifesto as diferenzas históricas e culturais que agora arredan Hong Kong do país froito de anos de evolución histórica dispar.
O problema. Como tantas outras veces, é a propia herdanza das intervencións militares occidentais en Asia ao longo do século XIX que foron alterando a vida económica e política do continente e estabelecendo relacións de explotación colonial entre Gran Bretaña e China ou Afganistán. Ademais, no caso de Hong Kong atopámonos nun preludio da proxectada recuperación da outra illa fuxitiva: Taiwán.
Leguineche recorre a daquela aínda colonia británica falando coa súa poboación, recollendo inquedanzas e soños, e tamén bastante indiferenza. Vai configurando así un retrato da cidade dun xeito melancólico –xa que o intercala coas súas propias lembranzas dunha viaxe a China na súa mocidade-, o retrato dun territorio que vai cambiando de mans ao longo da historia por mor da cobiza e os intereses de nacións alleas, sen poder chegar nunca a artellar unha identidade propia, asimilando a británica, portuguesa ou xaponesa. Un interesante libro sobre o que pasa cando non se permite o desenvolvemento normal dun país.
Francisco Cortez-Lobão Sineiro, 2º de Xornalismo A
Add comment Junio 19, 2008
Rúa do Proletario Vermello (Nina e Jean Keháyan)
Este libro é a crónica de dous anos de vida na Unión Soviética dun matrimonio de comunistas e xornalistas franceses que cos seus fillos se instalaron en Moscova enviados polo Partido Comunista Francés. Como ben indica Vázquez Montalbán no prólogo, atopámonos ante unha serie de reportaxes que describen a vida baixo un réxime que non era, nin de lonxe, o que os autores contaban con atopar cando marcharon cara o este. Un réxime que lles demostrou que se ben o socialismo que soñaban aínda non fora construído en ningures, si fora construído o que o socialismo non debe chegar a ser nunca.
Á volta da súa estadía na URSS a mediados dos 70 o matrimonio vese na encrucillada de contar o que viviron ou pola contra calar para non interferir no crecemento e desenvolvemento do PCF. Son, como eles mesmos afirman, actitudes entre os dirixentes do partido o que os leva a decidiren publicar a verdade sobre a súa viaxe.
Así no libro se describe a manipulación que as autoridades soviéticas exercían sobre a opinión pública do seu país, a incoherencia entre o reparto equitativo e os luxos da nova plutocracia ou a represión política nun réxime que debera representar a liberdade humana.
A conclusión da narración é agridoce. Por unha banda amosa o derrubamento dun mito para unha parella de ferventes e entregados comunistas, pola outra serve coma recordatorio de que a utopía é unha loita constante e que abonda con que algo se torza no camiño para que o que debera ser a emancipación do ser humano se converta nun pesadelo.
Francisco Cortez-Lobão Sineiro, 2º de Xornalismo A
Add comment Junio 19, 2008