Archive for 11/06/08
Los guardianes de la libertad. Noam Chomsky e Eduard S. Herman
O tema principal deste libro é a desinformación que provocan os medios de comunicación debido a manipulación que realizan dos feitos. O que pretenden con esta profunda análise Noam Chomsky e Eduard S. Herman, e sacar á luz todas esas manipulacións feitas polos medios e facer unha profunda crítica ós principais causantes desta desinformación, que para eles se trata dos gobernos e as grandes empresas que tratan sempre de manifestar o que mellor lle conveña para a súa imaxe.
Así, ambos autores expoñen algunhas das causas polas que os medios tratan de establecer un modelo de propaganda para beneficiar a uns e prexudicar a outros. Feitos como a propiedade do medio, xa que o propietario sempre é o que decide finalmente que información é a que se publica, sempre intentando favorecer ós seus achegados, que na maioría das veces coinciden ser empresas poderosas e incluso o mesmo goberno. Tamén é o caso da publicidade, principal fonte de ingresos dos medios e unha das posibles responsables da manipulación informativa, xa que non vai permitir nunca que se publique información que poida prexudicala, e se ese fora o caso, a organización que mercou ese espazo publicitario veríase obrigado a tomar medidas coma a de deixar de patrocinar ó xornal, por exemplo. Situación parecida á que ocorre coas fontes, as cales proporcionan información aforrando gastos de investigación, medios e fontes conviven en simbiose axudándose uns a outros polo que esa dependencia implica que é moi pouco probable que un medio publique unha información que poida deixar mal a unha das súas fontes habituais.
Cunha gran variedade de exemplos ilústrannos e móstrannos a realidade dos medios de comunicación que conviven con nós.
Jorge Lema Pombo (Reseña de Maio)
Add comment Junio 11, 2008