Archive for 9/06/08
O sol do verán, Carlos Casares
O sol do verán é o derradeiro libro co que nos agasallou Carlos Casares. Este foi publicado postumamente nun acto en Vigo, meses despois de que o escritor de Xinzo de Limia falecese.
A novela é, ao longo das 260 páxinas da súa primeira edición, un relato cargado de nostalxia e amargura ao mesmo tempo que un canto tenro á nenez e á mocidade. A complicada historia de amor entre Helena e Carlos complicado pola condición de casada dela provoca toda unha historia de intriga e enredos que dura até a derradeira escena.
N’O sol do verán o contexto temporal e e espacial xogan un papel moi importante. As ricas e coidades descricións de cada un dos escenarios e de tódolos aspectos da situación chegan a ser nalgún momento o centro de atención do lector. A narración de Carlos Casares guía ao lector cunha linguaxe sinxela e familiar moi axeitada nun relato que nunca perde interese, con constantes momentos de máxima intensidade.
A novela convértese así nunha obra mestra dentro da narrativa galega, podendo ser moi axeitada tanto como lectura xuvenil como para lectores máis avanzados. O compoñente sentimental está explotado do mellor xeito posíbel sen caer no sentimentalismo barato e chegando ao lector dun xeito magnífico. Carlos Casares deixounos un anaco de si mesmo e da súa experiencia e boa práctica xornalística e narrativa nunha lectura de carácter universal e ineludíbel.
David Canto Veiga
Add comment Junio 9, 2008
Cruceiro de verán, de Truman Capote
<!– @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } P { margin-bottom: 0.21cm } –>
O libro de Truman Capote, descuberto e editado postumamente vén a ser unha mostra de que, naqueles anos, xa apuntaba formas do que despois constituirían para a literatura mundial.
O manuscrito que deu lugar a esta obra foi subastado xunto con outros obxectos persoais de Capote en 2004 e probabelmente as ansias do seu comprador por amosar a primeira novela do excepcional escritor, finado xustamente vinte anos antes.
No que á obra se refire, cómpre destacar o alarde de metáforas empregadas, até o punto de realizar unhas oracións sen fin que detallan até o máis mínimo cada unha das pormenorizadas descricións que fai ao longo da novela. Unha das características máis claras de Cruceiro de verán é a intriga, pero conseguida dun xeito distinto ao doutras obras. Neste caso, debido ás circunstancias nas cales xurdiu, a inquedanza céntrase en até que punto vai amosar todas as características propias das obras posteriores e que tan famoso fixo a Truman Capote.
O certo é que, para Cruceiro de Verán constitúe tanto un bo xeito de inciarse á lectura dun dos maiores persoeiros tanto do xornalismo como da literatura como toda unha aventura á hora de avaliar os seus inicios no mundo da novela após de ler calquera dos seus best-sellers, cuxas características veranse perfectamente reflectidas dun xeito arcaico en Cruceiro de verán.
David Canto Veiga
Add comment Junio 9, 2008