El mundo de hoy – Ryszard Kapuscinski

noviembre 22, 2007 at 3:29 pm Deja un comentario

“El mundo de hoy” non é unha obra de Kapuscinski propiamente dita, senón que se trata dunha composición realizada por Ágata Orzeszek partindo de fragmentos de varias das súas obras.

A autora divide o libro en tres partes: “Mirando hacia atrás sin ira”, “”Periodismo y literatura” e “El mundo de hoy”.

Na primeira delas (Mirando hacia atrás sin ira) o propio Kapuscinski reflexiona sobre a  súa nenez e a influenza das súas experiencias persoais no seu traballo como reporteiro, facendo especial fincapé nas penurias sufridas durante os anos da Segunda Guerra Mundial, e nos seus primeiros traballos coma correspondente  en Oriente.

Na segunda parte do libro (Periodismo y literatura) Kapuscisnki realiza unha reflexión, en base á súa experiencia profesional do que para el é ser bo xornalista, e sobre todo sobre a importancia de coñecer o lugar sobre o que estamos a escribir , abríndose a outras culturas e evitando, na medida do posible, ser vítima dos prexuízos.

Isto débese a que o propio Kapuscinski síntese incapaz de facer diferenzas entre os traballos de xornalista , escritor e reporteiro. Para el, a súa é unha labor de “tradución” entre as diferentes culturas.

A terceira parte da obra (El mundo de hoy) é unha reflexión  profunda sobre a situación do mundo contemporáneo desde diferentes puntos de vista (política , historia..).

Nela o autor abrangue varios temas, mostrándose especialmente preocupado pola inestabilidade política da maioría dos países, a situación de crise na que se atopan moitos estados, a crecente repercusión das guerras sobre a poboación civil, o imperialismo estadounidense , etc

Finalmente Orzeszek realiza unha selección de textos de Kapuscinski nos que este analiza con preocupación a situación de África , América Latina, a súa Polonia natal, etc. Cabe destacar tamén que o libro leva por epílogo unha reflexión do autor sobre os atentados do 11 de Marzo, que utiliza para reafirmar a súa teoría de que a poboación civil é a principal afectada pola guerra moderna.

  Cristina Castro Fernández

About these ads

Entry filed under: General. Tags: .

El periodismo es un cuento Música para camaleones, Truman Capote

Deja un comentario

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


noviembre 2007
L M X J V S D
    dic »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo


Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.

%d personas les gusta esto: